Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela mantivo unha reunión con representantes de ANPAs

Nota de prensa

O PP, comprometido en recuperar as axudas económicas ás ANPAs.

Potenciará actividades de técnicas de estudio e prevención do absentismo escolar .
Os populares potenciarán a conciliación da vida familiar e laboral colaborando coas ANPAs.

Burela, 18 de abril de 2011.- O Partido Popular de Burela afirmou hoxe que o seu compromiso coas asociacións de nais e pais de alumnos (ANPAs) pasa por recuperar as axudas económicas para que poidan desenvolver esas actividades, e tamén establecer máis actividades que poidan chegar a unha plena concialición da vida laboral e familiar.

O PP mantivo unha reunión a semana pasada con representantes das ANPAs dos CEIPs “Vista Alegre” e “Virxe do Carme”.

Os populares, que lembraron que o seu compromiso co ensino público quedou de manifesto durante a súa etapa de goberno municipal, entre outros exemplos, na contratación de auxiliares de comedor escolar ou de aportación de actividades para as xornadas continuadas, como a incorporación da Aula de Educación Ambietal GAIA ás actividades dos centros, afirmaron que a recuperación da aportación económica municipal para as ANPAs é fundamental para o seu funcionamento.

Pero os populares queren avanzar na conciliación da vida familiar e laboral e a través da colaboración coas ANPAs. E queren facelo potenciando as actividades extraescolares das xornadas de tarde nos centros de ensino, e ademais organizando actividades para os períodos vacacionais e mesmo para os sábados.

Os populares tamén consideran importante a organización de cursos e charlas sobre técnicas de estudio e prevención do absentismo escolar, estas últimas destinadas fundamentalmente ós pais, nais e alumnado de Primaria e primeiro ciclo da ESO.

Finalmente, o PP lembrou que o bipartito retiroulles ás ANPAs as aportacións económicas que tiña establecidas o goberno municipal do PP, o que foi nefasto para as actividades que organizan as asociacións. Os populares consideran que vir agora, como está facendo o bipartito, ofrecendo seiscentos euros para unha excursión, o único que demostra é o nerviosismo de quen se negou a colaborar durante anos e quere lavar a cara a un mes das eleccións.

Exit mobile version