Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela organiza un foro sobre pesca, sábado, no salón de actos da Confraría de Pescadores

Nota de prensa

O PP organiza en Burela un foro sobre pesca .

Contará coa presencia da Secretaria do PP de A Coruña, Rosa Quintana Carballo.
Tamén intervirán representantes do sector.

Burela, 6 de abril de 2011.- O Partido Popular de Burela organiza mañán, sábado, no Salón de Actos da Confraría de Pescadores de Burela, un foro sobre a pesca, foro que leva por título “Burela e a pesca: presente e futuro”, no que se pretende analizar a situación actual do sector pesqueiro en xeral e do de Burela en particular, plantexar solucións ás problemáticas presentes, e de algunha forma enfocar actuacións de futuro.

Este foro contará coa presencia de Rosa Quintana Carballo, Secretaria Ejecutiva de Organización do PP de A Coruña, e recoñecida experta en materia de pesca. Ademáis, inservirán Miguel Neira Pérez, xerente de ABSA, Mercedes Rodríguez Moreda, en representación da Organización de Productores Pesqueiros, e Basilio Otero Rodríguez, patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela. Logo das intervencións, haberá un turno de preguntas dos asistentes.

O foro será presentado e moderado polo presidente do PP de Burela, José María González Barcia.

Como é sabido, desde o PP de Burela se veñen organizando debates sobre asuntos de interese sobre problemáticas concretas que lle afectan ó sociedade ou a parte da mesma. Así, en decembro celebrouse un debate sobre a inmigración, recentemente se celebrou un foro sobre discapacidade, e desde Novas Xeneracións tamén se organinzou outro sobre a conciliación do dereito ó descanso e o ocio nocturnos.

“BURELA E A PESCA, PRESENTE E FUTURO”

FORO DE DEBATE ORGANIZADO POLO PARTIDO POPULAR DE BURELA

SÁBADO, NOVE DE ABRIL, 12:30 HORAS, SALÓN DE ACTOS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE BURELA

PROGRAMA.-

12:30.- Presentación do Foro e dos intervintes a cargo de José María González Barcia, presidente do PP de Burela.

12:40.- Intervención de D. Miguel Neira Pérez, xerente de Armadores de Burela, S. A. (ABSA), desde a perspectiva dos armadores de Burela.

12:50.- Intervención de Dna. Mercedes Rodríguez Moreda, xerente da Organización de Productores Pesqueiros (OPP) de Lugo, desde o punto de vista da OPP.

13:00.- Intervención de D. José Basilio Otero Rodríguez, patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela. Análise desde a óptica da Confraría de Pescadores

13:10.- Intervención de Dna. Rosa Quintana Carballo, Secretaria Executiva de Organización do PP de A Coruña.

13:20.- Preguntas dos participantes.

14:00.- Remate do Foro.

Exit mobile version