Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela presenta candidatura con Fernández Valle de segundo e 11 incorporacións

Nota de prensa

Manuel Fernández Valle será o número dous do PP burelés.

Os populares presentan mañán, xoves, a súa candidatura, que incorpora caras novas.
Barcia reinicia as reunións con colectivos.

Burela, 6 de abril de 2011.- O Partido Popular de Burela presenta mañán, xoves, ás nove da noite, no hotel Nordés, a súa candidatura para as eleccións municipais do día 22 de maio. No acto, de carácter absolutamente público, intervirá Jesús Vázquez, e será pechado coa intervención do presidente provincial dos populares, José Manuel Barreiro Fernández; tamén está prevista a asistencia de Raquel Arias.

O cabeza de lista dos populares, José María González Barcia, avanzou que o número dous será Manuel Fernández Valle, que xa foi concelleiro neste mandato municipal que remata. Fernández Valle é inxeñeiro técnico naval, tén trinta e seis anos e traballa na empresa armadora familiar, polo que é un perfecto coñecedor dos problemas do sector pesqueiro, co que evidentemente está mui vencellado.

Barcia indicou que a lista estará formada por un total de dezasete persoas, nove homes e oito mulleres, das que once son novas incorporacións á candidatura, o que demostra a fortaleza do partido, a súa capacidade de atracción de novas persoas que se suman ó proxecto dos populares e tamén a súa credibilidade.

O candidato dos populares indicou, ademais, que recentemente veñen de iniciar unha segunda rolda de reunións con colectivos e asociacións, concretamente coa Confraría, con ABSA, e co clube de baloncesto. Para mañán, xoves, está prevista unha reunión co Vencello e outra máis con colectivos de carácter social.

Exit mobile version