Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz di que se congratula de que o seu proxecto estrela, a reorganización do porto, sexa unha realidade

Nota de prensa

O PARLAMENTO APROBA A INICIATIVA DO PP FOCEGO PARA A REORGANIZACIÓN DA ZONA PORTUARIA

Foz, 9/04/2011- O Partido Popular de Foz congratúlase de que o seu proxecto estrela, a reorganización do porto, sexa unha realidade, despois de ser aprobado o seu inicio polo Parlamento o mércores pasado, grazas os votos do PP, apoiado polo BNG e coa abstención do Psoe.

O candidato popular, Javier Castiñeira, manifestou a satisfacción do partido polo desenvolvemento da súa iniciativa, confiando en que sexa o novo motor da actividade en Foz, a pesar das continuas tentativas de paralización por parte do PSOE, que intentou vincular o proxecto ao Plan Xeral Municipal inexistente para durmilo e ao ente de Costas que non ten competencias.

Para o PP non resultou unha sorpresa a abstención do PSOE, posto que Rivera xa demostrou con antelación o seu desinterese e ‘pasotismo’ polo proxecto, rexeitando dúas veces as invitacións para coñecer o proxecto da man do presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez Campana, e o seu desacordo, colocándose detrás das pancartas ese mesmo día para bloquear o dragado. Precisamente, esta mesma tesitura de bloquear a iniciativa do PP de Foz foi a que adoptou o socialista Ismael Rego no Parlamento.

Así mesmo, os populares tamén recibiron con agrado a confirmación do dragado das dársenas por parte da Xunta de Galicia, agardando resposta para que Costas achegue o vertido de finos, e aconselláronlles aos socialistas focegos que avalíen e apoien as iniciativas pola súa repercusión e polo seu propio peso, como fixeron os nacionalistas neste caso, e non baseándose en quen fai a proposta.

Presentación da campaña UN PASO ADIANTE nas parroquias

Os populares focenses seguen coa campaña de UN PASO ADIANTE porta a porta nas parroquias dando a coñecer ao seu candidato Javier Castiñeira, e aos compañeiros de candidatura que as representarán, despois do gran apoio recibido o sábado pasado na presentación en Foz, a intención dos populares é percorrer todas as casas de todas as parroquias e mostrar a ilusión da candidatura neste novo proxecto popular.

O programa de presentacións nas parroquias seguirá o vindeiro sábado 16 as 12.30 para Cangas e Cordido, o domingo 17 as 18.00 en Villaronte, o sábado 23 as 12.30 en Fazouro, o domingo 24 as 18.00 para Sta Cecilia e San Acisclo, o 30 de Abril as 12.30 en Nóis e o 1 de Maio as 12.30 en San Martiño

Exit mobile version