Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz presentou a candidatura nas parroquias de Cangas e Vilaronte

Nota de prensa:
CANGAS E VILARONTE COÑECEN A CANDIDATURA POPULAR DA MAN DOS SEUS VECIÑOS

O equipo de Javier Castiñeira aposta polas parroquias con máis do 60% dos seus membros

Foz, 19/04/11.- O Partido Popular de Foz presentou o domingo pasado a súa candidatura ante os veciños de Cangas e Cordido durante a mañá, no centro cívico da asociación O Castro, e para os de Vilaronte á tarde, no teleclub. Os populares presentarán a súa candidatura en todas as parroquias do municipio, segundo explicou o alcaldable, Javier Castiñeira, apostando por elas, “posto que máis do 60% dos candidatos do equipo pertence ás parroquias”.

No caso destas parroquias, a representación será de dúas persoas en Cangas, cos mozos Maite López e Simón Insua, e en Vilaronte, con Loli Teijeiro e Vera Eiroa, unha aposta persoal do candidato popular para reforzar dúas das parroquias máis grandes do concello.

Os populares mostráronse moi satisfeitos pola acollida dos actos no Domingo de Ramos, nos que os candidatos de cada parroquia foron presentando os seus compañeiros, un a un, e transmitíronlles aos seus veciños a ilusión que teñen por representalos durante os vindeiros catro anos dentro das filas do Partido Popular.

Destacaron tamén as intervencións tanto de Javier Castiñeira coma do número 2, Manuel Pavón, que incidiron na aposta do Partido Popular como única alternativa de cambio para Foz e os seus veciños. “Estas non son unhas municipais coma as anteriores, sumidos nunha crise importante. Non podemos dar a espalda á Administración” poñendo de exemplo a xestión do PP galego. Tamén afirmaron que “Foz non se xubila dentro de catro anos nin pretende pasar outros tantos anos de excursión. Foz debe dar un paso firme adiante mirando ao futuro, da man das administracións que dentro dun ano é probable que sexan xestionadas na súa maioría por gobernos populares”.

Ante as acusacións de Rivera de mentir en referencia á falta de pago das axudas do Concello ao asilo de Foz, Castiñeira ratifícase e pregúntalle ao alcalde “qué entende el por comprometerse en 2008 coa ONG a facer unha achega de 30.000 euros anuais. Cando se fala en plural é lóxico que os afectados entendan que é por varios anos, non só para 2009, senón sobraría o de anuales, pero está claro que non só chega con declaracións de intencións; ao final son os feitos os que xulgan o compromiso duns e outros”.

Exit mobile version