Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz tacha de penoso espectáculo electoralista o anuncio da Deputación de cumprir co asilo o que non fixo o concello en dous anos

Nota de prensa

CASTIÑEIRA TACHA DE PENOSO ESPECTÁCULO ELECTORALISTA O ANUNCIO DA DEPUTACIÓN DE CUMPRIR CO ASILO O QUE NON FIXO O CONCELLO EN DOUS ANOS.

Foz, 23/04/11.- Castiñeira denuncia o uso electoralista dunha institución coma é o Asilo de Foz, por parte da Deputación e do Alcalde que pretenden a golpe de billetera calar a denuncia de días pasados dos populares focenses de que o concello débelle 2 anos de subvención, e decir 60.000 euros a ONG que dirixe a institución.

Na presentación que os populares focenses fixeron na Parroquia de Fazouro hoxe Sábado 23 a mediodía onde o candidato da parroquia, Jose María Basanta, “Chema” presentou toda a candidatura ante a unha medio cento de veciños de Fazouro.

O Candidato á alcaldía focense , Javier Castiñeira fixo fincapé no vergonzoso xogo electoralista que está a levar o socialista Rivera, e máis o Presidente da Deputación Besteiro con respecto ao Asilo de Foz, autodenominandose os “salvadores” dunha instutición que leva en Foz máis de 75 anos e estivo olvidada polo concello máis de dous anos, sen cumprir co pactado coa Ong que dirixe o centro, coa que pactou no 2008 unha subvención anual de 30.000 € que so cumpriu no 2009.

En días pasados Castiñeira tirou da hemeroteca, e voltou a recriminarlle a Rivera o súa falta de compromiso co Asilo, posto que o Alcalde minteu no Pleno do 2009, e minteulle a todo o pobo cando decía que so era por un ano, querendo tratar ao partido popular de mentiroso, cando él foi o que non cumpriu a súa palabra.

Este e tipo de política que levan os socialistas lucenses, intentando comprar a vontade dos focenses a golpe de talonario, a última hora e de xeito partidista, demostra certo nerviosismo porque que as enquisas prevén un inminente cambio en ámbalas dúas administracións, esta situación causa pena e vergonza allea nas filas populares.

A Castiñeira non é que lle disgusta a idea de que todo o que denuncia ao final se acabe facendo, igual que pasou co Campo de herba artificial, agora está a pasar co Asilo, esto demostra que ao Alcalde xa se lle acabaron as ideas e se dedica a facer a última hora as obras que o pp lle recrimina, iso sí como esgotou os cartos tira do amigo Besteiro que acabará fundindo á Deputación igual que Touriño e Quintana o fixeron coa Xunta de Galicia.

Exit mobile version