Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo da coñecer as súas propostas electorais en servizos sociais e sanidade muller e xuventude

SERVIZOS SOCIAIS E SANIDADE

Construción dunha Residencia de Maiores dotada con un Centro de Día e un Servizo específico de atención a enfermos de Alzheimer e outras persoas dependentes.
Ampliación de prazas no Centro de Día existente
Creación dun Centro de Acollida para casos de emerxencia social
Posta en marcha dun Punto de Encontro Familiar
Ampliación de prazas de gardería
Posta en marcha dunha Ordenanza Municipal de Accesibilidade
Carné municipal con descontos en comercios locais, actividades e servizos municipais para aquelas persoas que desexen adicar parte do seu tempo a actividades de voluntariado social
Servizo público de recollida de persoas para acudir ó tratamento do sintrom
Potenciación de:
Programa Municipal de prevención de drogodependentes
Programas de Axuda a Domicilio e Emerxencia Social
Programa de Educación Familiar
Servizo de Teleasistencia
Programación de actividades divulgativas en coordinación co Centro de Saúde
Asesoramento a emigrantes retornados
Dinamización da Oficina Municipal de Atención ó Inmigrante
Impulso ás actividades de prevención da dependencia
Posta en marcha dun Banco de Alimentos

MULLER E XUVENTUDE

Creación dun Centro de Acollida para Vítimas de Violencia de Xénero
Programación de Xornadas de Muller e Interculturalidade
Impulsar :
Consello Municipal da Muller
Programas de Educación en Igualdade nos Centros Educativos
Deseño dun Plano de Formación e Cualificación Profesional específica para Mulleres cara á súa incorporación ó mercado laboral
Impulso á reinserción social e laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero
Creación de:
Bolsa de currículo xove para moz@s maiores de 16 anos
Programas de formación dirixidos a mellorar a capacidade laboral da xente nova
Un viveiro de empresas para moz@s menores de 35 anos
Construción de vivendas en aluguer con opción de compra para menores de 35 anos
Dinamización da Casa da Xuventude con especial atención a:
Asociacionismo Xuvenil
Telecentro
Fototeca Municipal

Exit mobile version