Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP presentou as candidaturas ás municipais nos concellos de Burela e Xove

Nota de prensa
Barreiro: “o PP é capaz de asegurar a estabilidade ata onde goberna en minoría; PSOE e BNG son incapaces de facelo ata aunando forzas”

O presidente do PPdeLugo participou hoxe na presentación das candidaturas que capitanean Demetrio Salgueiro en Xove e José María Barcia en Burela

Xove/Burela, a 7 de abril de 2011.- O presidente provincial dos populares alertou hoxe, durante a presentación das candidaturas de Xove e Burela coas que o Partido Popular concurrirá ás vindeiras eleccións municipais, de que a “desfeita” que fixo Rodríguez Zapatero no país “non a levou a cabo so, precisou da colaboración e participación de todos os ministros e do Partido Socialista no seu conxunto”.

Por elo, José Manuel Barreiro vaticinou que a anunciada marcha de Zapatero non conlevará ningunha mellora. “Máis ben ó contrario”, dixo, “si antes non resolvían os graves problemas ós que se enfronta o país, agora será moito peor porque o único que lles preocupará será a sucesión”. “Cun presidente que se vai, pero que aínda pretende quedarse un ano, e os ministros elexindo bando, a pregunta é obvia: quen goberna?”, engadiu.

Barreiro asegurou que mentres os socialistas son sinónimo de crise e de inestabilidade, o PP o é de prosperidade e equilibrio. “A proba irrefutable de que é así a tedes en Xove, na que o PP, pese a gobernar en minoría, foi quen de asegurar a estabilidade e facer cousas importantes no concello. O mérito, indiscutiblemente, é de Demetrio Salgueiro e o seu equipo, pero agora, dado o momento difícil nos que nos atopamos e o que aínda nos queda por vir, é necesario reforzar esa fortaleza e ese bo facer sobradamente demostrado”, explicou durante a presentación da candidatura que lidera Salgueiro e na que, entre outros cargos orgánicos e electos do partido, tamén participou Jesús Vázquez Abad.

Pola súa banda, na presentación da lista de Burela, o presidente do PPdeLugo indicou que “se nada positivo se pode agardar dos socialistas, menos aínda do binomio PSOE-BNG agás un maior gasto en manter o propio goberno”.

Para Barreiro é evidente que nesta última lexislatura Burela perdeu o status de privilexio que tiña con respecto ó resto da comarca e deixou de ser un referente en creación de emprego, incremento de poboación e xeración de riqueza. “Todo eso vai cambiar o 22 de maio”, dixo.

De feito, asegurou que o parque empresarial de Burela será por fin realidade cando “cando o PP se faga cargo da Deputación”; ó tempo que tamén se comprometeu “a facer as xestións pertinentes” coa Xunta de Galicia para que o porto teña os “accesos que precisa”.

Candidatura Xove

1.- DEMETRIO SALGUEIRO RAPA

2.- JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ ÁLVAREZ

3.- ANA MARÍA ABAD LÓPEZ

4.- MARIA DOLORES MEITIN GUERREIRO

5.- CRISTINA IGLESIAS GUERREIRO

6.- JOSE MANUEL BALSEIRO CANOURA

7.- MARÍA ROSARIO BALSEIRO LÓPEZ

8.- MANUEL ÁNGEL MEITIN ROUCO

9.- LEANDRO QUELLE FRANCO

10.- CATALINA DOMINGUEZ COCIÑA

11.- JESÚS RODRÍGUEZ LÓPEZ

Suplentes

SANTIAGO JAVIER RIVAS REGO

LUCÍA SÁNCHEZ MEITIN

JUAN CARLOS GARCÍA CASTRO

EVA MARÍA LASTRA BARREIRA

ANDRÉS PRIETO MURIEL

CANDIDATURA PP DE BURELA

1 .- JOSÉ GONZÁLEZ BARCIA. Naceu en Burela, 54 anos, foi alcalde de Burela, actualmente é portavoz do Grupo Municipal do PP, mestre,.

2.- MANUEL FERNÁNDEZ VALLE. Natural de Burela, 36 anos, inxeñeiro técnico naval,.

3 .- DIANA DURÁN GARCÍA. Natural de Burela, 35 anos, traballadora social. Primeira vez que participa en política.

4 .- JOSÉ CASAS MARTÍNEZ. Naceu en Burela, 53 anos, empresario do sector do vidrio, primeira vez que participa en política.

5 .- PATRICIA LÓPEZ EIJO. Naceu no concello de Barreiros, 29 anos,. Incorpórase á vida política.

6 .- MÓNICA PEDRE OTERO. 39 anos, nacida en Xove, mestra especialista en educación musical. Afiliada ó PP desde hai 16 anos. É a primeira vez que forma parte da candidatura do PP.

7 .- BEATRIZ PIÑEIRO LÓPEZ. Nacida en Cervo, 31 anos, educadora social. Participa por primeira vez en política.

8 .- IAGO PERNAS ALVAREZ. Natural de Burela, 24 anos, é técnico en transporte sanitario. Tamén chega de novo a unha lista electoral.

9 .- JOSEFA YÁÑEZ CAO. Administrativa do Hospital da Costa, 63 anos, xa formou parte da candidatura do PP ás anteriores eleccions municipais.

10.-FELICÍSIMO BAÑO FERNÁNDEZ. Naceu no concello de Xove, tén 69 anos, está xubilado. Forma parte por primeira vez dunha candidatura electoral.

11.- RAQUEL RÍO RÍO. Mestra exercendo no IES Monte Castelo, 52 anos, naceu en Foz, foi concelleira de Servicios Sociais durante doce anos.

12.- CARLOS PEINÓ CASTRO. Naceu no concello de A Pontenova. 59 anos, mestre de profesión. Primeira vez que participa en polìtica.

13.- ALBERTO JOSÉ RAMOS ARDÁ. Natural de Ferrol, Xefe do Servicio de Cirurxía do Hospital da Costa, 57 anos, veterano nas listas do PP ás eleccións municipais en Burela.

SUPLENTES.-

BLANCA BAEZA FERNÁNDEZ. Nacida en Madrid, 69 anos, xubilada da Admistración do Estado, participa por primeira vez en política.. É a primeira vez que participa activamente en política.

FILOMENA DA PINA GONÇALVEZ. Natural de Cabo Verde, tén 37 anos. Tén un pequeño negocio en Burela. Forma parte por primeira vez dunha candidatura.

MANUEL PARDEIRO CASABELLA. 35 anos, natural de Burela.. Primeira vez que participa en política.

JOSÉ LUIS GONZÁLEZ ARNAÚ. 69 anos, natural de Burela, xubilado, é un clásico nas listas do PP de Burela

Exit mobile version