Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP tacha de “mal gusto” que o presidente da Deputación se vanaglorie do cambio de tendencia experimentado pola paro

Nota de prensa

O compromiso co emprego require “constancia e continuidade”, non un plan de actuación a uns meses das eleccións

GPPP tacha de “mal gusto” que Besteiro se vanaglorie do cambio de tendencia experimentado pola paro durante o pasado mes de marzo e o vincule co LugoEmprega

Os populares salientan que 10.000 traballadores beneficiáronse dos diferentes programas desenvolvimos pola Xunta na provincia de Lugo durante os últimos tres anos

Lugo, a 6 de abril de 2011.- O traballo e o compromiso coa creación do emprego e coa mellora da calidade do emprego non se demostra coa posta en marcha dun “único” plan de actuación e “precisamente” en ano electoral. Para o Grupo provincial do Partido Popular que a provincia de Lugo trocara a tendencia e fora capaz de xerar emprego durante o pasado mes de marzo é unha boa noticia, aínda que “non suficiente”, dado que preto de 25.000 persoas continúan sin traballo, pero vincular esa “mellora relativa” á posta en marcha do LugoEmprega “é unha mostra de cínismo sin precedentes”.

Os populares recalcan que “resulta ata de mal gusto” que o presidente da Deputación se vanaglorie dunha iniciativa que, segundo quedou acreditado, foi diseñada co único obxectivo de acadar rédito electoral, “colocando de paso a algúns amigos e axudar a facer listas electorais”, pero non a respaldar e incentivar, como sería o lóxico e necesario na coxuntura actual, a actividade dos sectores productivos básicos da provincia e, sobre todo, a fomentar a creación de postos de traballo estables e de calidade.

Insisten dende o GPPP que na acción de goberno desenvolvida nesta lexislatura por José Ramón Gómez Besteiro foi notoria a ausencia de políticas activas de emprego. “Ata hai tres meses, de feito, parece que descoñecía a existencia de parados nesta provincia”, apuntan os populares.

Neste contexto salientan que o compromiso co emprego demostrase con “constancia e continuidade” nas accións a levar a cabo. “Premisa fundamental que incumpre a Deputación”, apuntillan.

A este respecto, lembran que a Xunta “ó longo dos anos e pese ós recortes ós que obrigou a crise económica” puxo en marcha diferentes programas que deron como resultado que no período 2009-2011 se beneficiaran deles máis de 10.000 traballadores. Accións que, en conxunto, colevaron o investimento de máis de 93 millóns de euros.

Así, recalcan que a administración galega establece “todos os anos” un plan de cooperación coas entidades locais, así como a posta en marcha de obradoiros de emprego e de escolas obradoiro das que se derivan contratacións por un periodo superior ós seis meses na meirande parte dos casos.

En concreto, neste ano 2011, estímase que 2.805 persoas veranse favorecidas por algunha das diferentes medidas de fomento do emprego xestionadas pola Dirección xeral de Promoción do emprego: 1.405 correspóndense cos programas de cooperación e programas mixtos de formación, nos que se inclúen as escolas obradoiro e os obradorios de emprego, e 1.400 derívanse do desenvolvemento de accións encamiñadas a incentivar a contratación, a integración laboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social e mesmo da promoción do emprego autónomo.

Accións ás que a Xunta adica 27,1 millóns de euros. Insisten dende o GPPP que estas actuacións no se circunscriben “ó ano electoral” e puntualizan, de feito, que en 2009 adicáronse a este mesmo fin na provincia de Lugo 37,9 millóns de euros, que permitiron dar emprego a 3.873 persoas; e en 2010, algo máis de 28 millóns, que xeraron 3.391 postos de traballo.

Exit mobile version