Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz convida a participar na celebración do “1º de Maio. Festa dos traballadores e traballadoras” no Bispo Santo

Nota de prensa

A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE FOZ CONVIDA A TÓDOLOS VECIÑOS A CELEBRAR A FESTA DO 1ºDE MAIO QUE ESTE ANO CUMPRE O SEU 25 ANIVERSARIO

-Os socialistas engaden que “con esta festa daremos o pistoletazo de saída á nosa campaña de camiño ás vindeiras eleccións municipais do 22 de maio”

A Agrupación Socialista de Foz convida a tódolos veciños, simpatizantes e militantes a celebrar o “1º de Maio. Festa dos traballadores e traballadoras”, que como vén sendo constume cada ano, terá lugar na área recreativa do Monte Bispo Santo, baixo unha carpa, a carón da vila de Foz.

Os socialistas sinalan que “este ano ten dobre importancia xa que ademais de conmemorar o día do traballador, celebramos o 25 aniversario da celebración desta festa. Por isto, nos gustaría contar coa máxima asistencia posible de afiliados, simpatizantes e amigos”.

Dende o PSOE focense engadiron que “con esta celebración daremos o pistoletazo de saída á nosa campaña de camiño as vindeiras eleccións municipais do 22 de maio”.

Programa de actos
O programa da festa será o seguinte:
-Ás 13.00 horas, recepción de tódolos asistentes.
-Ás 14.00 horas, comida.
-Trala comida, contaremos coa presenza de importantes compañeiros de partido a nivel nacional e rexional.
-Para rematar o día, disfrutaremos da actuación dun grupo musical.

O menú estará composto con pratos típicos da nosa terra:
• Empanada galega.
• Xamón cocido.
• Polbo á feira.
• Tenreira asada con guarnición.
• Postre, café e chupito.

O prezo por persoa será de 22 euros os adultos e 15 euros os nenos.

Todos aqueles que se queiran anotar, deben facelo chamando ós teléfonos: 667052058 ou 616520434.

Exit mobile version