Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE reclama explicacións no Parlamento polo incremento das tarifas dos portos deportivos

Nota de prensa

OS SOCIALISTAS RECLAMAN EXPLICACIÓNS NO PARLAMENTO POLA ACTITUDE “TRILEIRA” DA CONSELLEIRA DO MAR E DO PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA, POLO INCREMENTO DAS TARIFAS DOS MUELLES DEPORTIVOS

-O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego di que por un lado díceselles aos usuarios que se rebaixan as tarifas, pero advirte que por outro a Xunta, eleva as bonificacións, que supoñen un incremento de ata dun 100% das taxas que teñen os usuarios

-O deputado mariñao afirma que “este tipos de actuacións aconsellan cada día un pouco mais o cese desta actitude, e tamén de quen as leva adiante”

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego anunciou hoxe que rexistrara iniciativas no Parlamento para reclamar explicacións “polo desmesurado incremento da subida de tarifas nos muelles deportivos”. Dixo que tanto a Conselleira do Mar como o Presidente de Portos de Galicia teñen que clarificar a política “trileira” de Portos de Galicia.

O deputado socialista di que por un lado díceselles aos usuarios que se rebaixan as tarifas, pero advirte que por outro a Xunta, eleva as bonificacións, que supoñen un incremento de ata dun 100% das taxas que teñen os usuarios.

Rego afirma que vai sendo hora de que rematen as políticas trileiras que aplica o Presidente de Portos de Galicia na súa relación cos Portos galegos, e tamén cos responsables institucionais dos concellos nos que están radicados os Portos.

O deputado mariñao afirma que “este tipos de actuacións aconsellan cada día un pouco mais o cese desta actitude, e tamén de quen as leva adiante”.

Exit mobile version