Nota de prensa
MÉNDEZ RESPONSABILIZA A VILLARES DE QUE SARGADELOS SE CERQUE CUN PASTOR DE RESES E SEXA OCUPADO POR EQUINOS
-A socialista subliñou que “esta actuación pon de manifesto a pasividade e a indiferencia do señor alcalde”
-Asegurou que “en lugar de poñer en valor o patrimonio que supón o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, Villares mira para outro lado”
Lara Méndez asegura que “o alcalde, Alfonso Villares, non mostra a máis mínima preocupación polos temas do Concello de Cervo. En lugar de poñer en valor o patrimonio paisaxístico, medioambiental e cultural que supón o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, mira para outro lado, e incluso permite que a zona sexa ocupada por equinos”.
A socialista engade que “por se isto fora pouco, non se pode permitir que este patrimonio se cerque cun pastor de reses, impedindo que veciños e visitantes poidan facer uso dun espazo publico. A pasividade e falta de interese do señor Villares pode chegar a límites incribles. Límites que acaban privando ós veciños da riqueza do noso Concello, sendo sempre os Cervenses, os perxudicados da mala xestión do alcalde.
Méndez afirma que “o Conxunto Histórico Artístico reflexa parte do noso pasado e é un atractivo turístico máis do Concello. O seu abandono mostra a deixadez e a pasividade do noso alcalde, que ten a responsabilidade de xestionar e preocuparse polo progreso de Cervo, pero adícase a todo o contrario. Villares non ten en conta que o coidado do noso patrimonio nos fortalece como referente turístico en toda a comarca e acaba por ser un motor económico para o noso pobo”. E lembroulle ó rexedor municipal que “manter o que temos é tan importante como inaugurar e xestionar novos servizos”.