Site icon Crónica3.com A Mariña

O responsable de Cultura da Deputación presentou na Mariña os cursos de formacion teatral Buxiganga

Nota de prensa

ANTONIO VEIGA PRESENTOU O CONXUNTO DE CURSOS DE FORMACION TEATRAL DE BUXIGANGA NA MARIÑA

A Área de Cultura da Deputación pon en marcha por segundo ano as accións formativas en materia de teatro ao amparo do proxecto Buxiganga

Recoñecidos profesionais como Jorge Coira, Avelino González, Fernando Dacosta ou Ánxeles Cuña ofrecerán cursos de interpretación, escrita teatral e comedia da arte entre maio e novembro

CERVO, 20 de abril de 2011. O delegado de Cultura da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, acompañado de Paloma Lugilde, membro do grupo de teatro do Consello de Cultura da Deputación, presentou esta tarde no Museo de Mar de San Cibrao o conxunto das actividades formativas en materia de teatro que se desenvolven ao amparo do proxecto Buxiganga. Trátase dun conxunto de cursos para actores e actrices sobre diversos aspectos específicos do teatro que se desenvolverán entre os meses de maio e novembro. A presentación contou coa presenza do actor Manuel Lourenzo, e da membro do grupo teatral Raiolas Susi Paz, que representaron un fragmento dunha obra teatral.

Tal e como sinalou Veiga, “Buxiganga é un proxecto teatral global, que conta con varias ramas e unha delas é este programa formativo para actores e actrices”. Un dos grandes éxitos de Buxiganga é a creación de novos grupos, pasando a integrar o circuíto Buxiganga 22 grupos onde había 12 grupos de teatro cando comezou. Os cursos estarán impartidos por profesionais das diferentes especialidades de recoñecido prestixio a nivel nacional como Jorge Coira, Avelino González ou María Barcala, entre outros.

Paloma Lugilde entrou a detallar os diferentes cursos que se van a ofertar entre maio e novembro, e animou aos actores e actrices a apuntarse canto antes xa que son cursos que teñen un custe de matrícula moi baixo (10 euros para actores e actrices de grupos de teatro dentro do circuíto Buxiganga e 20 euros en xeral) e unha gran demanda xa que son impartidos por profesionais moi recoñecidos.

A CONTINUACIÓN O LISTADO DE CURSOS DE TEATRO DE BUXIGANGA

CURSOS EN LUGO -MUSEO PROVINCIAL DE LUGO-

• Kirenia Martínez da compañía de danza Entremáns: Curso teatro-danza: os sábados do mes de xuño. (4, 11, 18 e 25 de xuño) 09.00 horas a 14.00 horas

• Jorge Coira, director de cine: Curso de interpretación ante a cámara: sábados do mes de maio. (7, 14, 21, 28 de maio) 09.00 horas a 14.00 horas

•Ánxeles Cuña, directora e dramaturga de Sarabela Teatro: Curso de dramaturxia (escritura teatral): dous xoves ao mes ao longo dos meses de maio, xuño, xullo, setembro e outubro.

5 e 19 de maio

2, 16 e 30 de xuño

7 de xullo

1, 15 e 29 setembro

20 de outubro

17.00 horas a 21.00 horas

•María Torres, actriz e directora da compañía Elefante Elegante: Curso de Pantomima: outubro. (1, 15, 22 e 29 de outubro) 09.00 horas a 14.00 horas

•Avelino González: Curso de comedia do arte: novembro (5, 12, 19 e 26 de novembro) 09.00 horas a 14.00 horas

CURSO EN SARRIA -CASA DA CULTURA-

• Fernando Dacosta, actor de Sarabela Teatro, interpretación: setembro (3, 10, 17 e 24 de setembro) 09.00 horas a 14.00 horas

CURSOS BURELA -AUDITORIO DA CASA DA CULTURA-

• María Barcala, actriz de Teatro do Atlántico, interpretación 1: sábados do mes de xullo (2, 9, 16 e 23 de xullo) 10.00 horas a 15.00 horas

• Lucía Regueiro, actriz Teatro do Atlántico, interpretación 2: sábados do mes de setembro (3, 10, 17 e 24 de setembro) 10.00 horas a 15.00 horas

Exit mobile version