Site icon Crónica3.com A Mariña

O responsable municipal de Deportes achaca á ACD Canillas que non organice o campus en Cervo

Nota de prensa

O CONCELLEIRO DE DEPORTES ASEGURA QUE CERVO PUXO A DISPOSICIÓN DO CANILLAS TÓDALAS FACILIDADES PARA CELEBRAR O SEU CAMPUS DE VERÁN

Rubén Fernández lamentou a decisión do club madrileño e dixo que ó igual que se leva facendo en anos anteriores, o Concello de Cervo puxo a disposición desta entidade deportiva todas as instalacións deportivas municipais

Despois de que as comunidades escolares dos CEIP´s Cervo e Cervo nº1 amosaran a súa negativa a ceder as súas instalacións para acoller aos participantes do campus o Concello propúxolle ao club acondicionar o ximnasio do IES Marqués de Sargadelos como albergue e puxo á súa disposición as escolas vellas de San Román

Cervo, 7 de abril de 2010.- O concelleiro de Deportes de Cervo, Rubén Fernández, quixo puntualizar as informacións aparecidas no día de hoxe referidas á negativa da Asociación Cultural y Deportiva Canillas de organizar o seu campus de verán neste concello.

A este respecto Fernández lamentou a decisión do club madrileño e dixo que ó igual que se leva facendo en anos anteriores, o Concello de Cervo puxo a disposición desta entidade deportiva todas as instalacións deportivas municipais. “Levamos mantendo conversas con eles as últimas semanas e nelas reiterámoslles a nosa intención de facilitarlles as instalacións do polideportivo e campo de fútbol municipal situados na Veiga e da piscina olímpica municipal de Lieiro como vimos facendo dende o ano 2005” recalcou o edil de Deportes.

Ao fío disto, Fernández indicou que ademais das instalacións deportivas, os responsables do club madrileño lles solicitaron tamén un sitio para albergar aos nenos participantes do campus. “Durante estes anos os nenos pernoctaban nas instalacións do CEIP de Cervo e no CEIP Cervo nº1 de Galdín, pero nesta ocasión non puidemos obter o preceptivo permiso dos consellos escolares deste centros. Por iso, barallamos como alternativa albergalos nas instalacións do IES Marqués de Sargadelos e para iso remitímoslle a ese centro una petición de uso do seu ximnasio e de tres das súas aulas, pero a dirección nos adiantou que a cesión das aulas ía a ser imposible, aínda que si accedían a cedernos o seu ximnasio” sinalou o edil de Deportes.

Ningunha opción lles pareceu válida
Diante desta situación, o Concello propúxolle ós directivos do Canillas habilitar o ximnasio do Marqués de Sargadelos como recinto para albergar aos nenos e tamén lles deu como opción complementaria a posibilidade de que puidesen utilizar as instalacións municipais da antiga escola unitaria de San Román para que os nenos puideran albergarse alí. “Ningunha destas dúas opcións foi aceptada polos responsables do Canillas e diante desta negativa nosoutros dende o Concello nada podemos facer máis que lamentar que todas as opcións que lles aportamos non lles parezan válidas e si en vindeiras edicións reconsideran a súa postura, nosoutros estaremos gustosos de colaborar novamente con eles” sentenciou Fernández

Exit mobile version