Site icon Crónica3.com A Mariña

O sábado celébrase en Foz a oitava ruta das tapas organizas pola asociación de comerciantes da vila

Nota de prensa:
FOZ ACOLLERÁ MAÑÁ E O SÁBADO A OITAVA RUTA DE TAPAS, QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS E AUTÓNOMOS DA VILA.

Foz, 21 de abril de 2011. Os que acudan á oitava ruta de tapas de Foz, que terá lugar os días 22 e 23 de abril, poderán degustar ata 52 propostas nos 26 establecementos participantes.

O prezo das tapas será de 1 euro e está previsto que se sirvan de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. Un xurado percorrerá todos os locais para elexir as mellores tapas e os clientes poderán votar polas súas preferidas vía sms. O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, lembra que “a clientela atopará toda a información nos 26 locais participantes. Ao final haberá tres premios para as mellores tapas desta oitava ruta”.

As tapas que poderán saborear os que se acheguen a Foz estes días son as seguintes:

A Maseira (ensalada de carpaccio de pulpo e bacalao villa de Foz); bar A Bolera (bacalao á Bolera, filloa rechea de mar); bar O Amanecer (saquiño de primavera e amenceres de Foz); bar O Chícaro (delicias do Chícaro e O Campudo); bar O Taco (tarteleta O Taco e bolas mariñeiras); cafetería Dallas (peixe espada en salsa de azafrán e polbo aderezado); cafetería Happy Days (delicias Happy Days e tariña de mar); cafetería May-Ros (corpo de cristo e feixoada May-Ros); cafetería Xoyma (bienmesabe e sandalia de pescador); cafetería-pastelería Anduriña (brisa do axexo e chorima); cafetería-restaurante Costumes do Mar (mini hamburguesas de vacuno arxentino e cucuruchos de marisco con salsa de nécoras); cervexería O Fogar do Pelolo (crema galega e brochetas do Pelolo); casa rural El Rincón de Anita (brisa do Cantábrico e sabor de mar); Expréss-Café (marismas e delicias); hostal O Norte (gambas primavera e delicias de lenguado); hotel-restaurante Leytón (bocado de pasión e conchiña de Venus); mesón O Tangarte (decreto de lei e saco de Zapatero); mesón-pulpería A Ribeira (delicias do mar galego e cuncha de marisco); Namarindos (barco de hojaldre recheo de polbo encebolado e puré de pataca e brochetas de boi con salsa á pimenta); O Náutico (pementos recheos e delicias Náutico); pizzería Xoiña (o pincho da crise e non ten carne), restaurante A Farola (airiños do mar e delicias A Farola); restaurante Dandy (zamburiñas con verduras confitadas e espeto de polbo e langostinos); restaurante O Mar (bolos recheos de delicias do mar e pincho de pito moruno con salsa de iogurt e queixo); restaurante-bar O Lar (rolliños O Lar e charlota de lombarda de pito e champiñóns) e vinoteca A Terriña (pudin frío de merluza con maionesa verde e sorpresa de carne A Terriña).

Exit mobile version