Site icon Crónica3.com A Mariña

O teatro de Buxiganga converterá rúas do centro de Ribadeo nun escenario

Nota de prensa

MAÑÁ SÁBADO, O TEATRO DE BUXIGANGA CONVERTERÁ AS RÚAS DO CENTRO DE RIBADEO NUN ESCENARIO

Ás 21 horas, comezará na praza de San Roque, da man dos 7 grupos mariñaos que participan no programa, unha cadea de representacións que recorrerán o centro do concello. En caso de choiva, as actuacións realizaranse no Cine Teatro, con entrada gratuíta.

Antonio Veiga, que asistirá en representación da Área de Cultura da Deputación, afirma que “esta iniciativa da Área dá resposta á grandísima afección polo teatro que hai na Mariña”.

RIBADEO, 1 de abril de 2011. Mañá sábado, ás 21:00 horas, arrancará da praza de San Roque de Ribadeo o pequeno circuíto de actuacións que percorrerán o centro do concello, pasando polo Cine Teatro, e rematando na rúa San Francisco. Nesta representación colectiva participarán os grupos de teatro da Mariña que forman parte do programa Buxiganga, e son A Adala (Foz), Ardora (San Cibrao), Axóuxeres (Vilaronte, Foz), O Bordelo (Cervo), Batán (Foz), TeatroCrea (Viveiro), e Raiolas (Alfoz).

O nacionalista Antonio Veiga, que asistirá a este acto en representación da Área de Cultura da Deputación, afirmou que “tanto Buxiganga como esta actividade en concreto dan resposta á grandísima afección que existe polo teatro na Mariña, comarca na que o programa é un éxito rotundo grazas tanto aos actores como a toda a xente que asiste ás representacións”. O delegado de Cultura animou a “todos os mariñaos que poidan achegarse, ou se atopen en Ribadeo mañá, a disfrutar desta actividade especialmente preparada para dar a coñecer o teatro mariñao e, en concreto, o teatro de Buxiganga”.

Os circuítos de Buxiganga, cuxa nova fase se presentou hai uns días no Museo do Mar de San Cibrao, teñen o obxectivo de potenciar o teatro en todas as súas vertentes como un elemento de transmisión cultural, ademais de fomentar o emprego do galego e cumprir unha importante función de cohesión e integración social. Na Mariña en concreto, e como afirmou Veiga, “é probablemente a comarca onde mellor funciona Buxiganga, as actuacións están sempre cheas de xente”. Este programa é un dos que máis satisfaccións dá á Área de Cultura da Deputación, xa que “non só posibilita aos grupos de teatro realizar actuacións con grande éxito entre o público, senón que tamén fomenta a aparición de novas agrupacións teatrais”. Na Mariña, 12 concellos darán acollida ás 29 actuacións que se realizan na comarca. Co programa Buxiganga, todos os grupos lucenses de teatro teñen a posibilidade de aumentar o número de representacións das súas montaxes teatrais.

ACTUACIÓNS DE BUXIGANGA NA COMARCA DA MARIÑA

Alfoz Alentía: A espada máxica

Metátese: O país da auga

A Rabela: Miña sogra é incrible

07/05/2011

05/06/2011

22/10/2011

18.00

18.00

20.00

Ribadeo Hipócrita: BarVarela

TeatroCrea: Encaixes de vidas

Pinchacarneiro: O médico a paus

12/06/2011

20/11/2011

23/10/2011

20.30

20.30

20.30

Barreiros A Rabela: Miña sogra é  incrible

O Bordelo: Quintana dos vivos, anguria dos orfos

Ardora: Residencial paradiso

04/09/2011

23/10/2011

13/11/2011

19.00

18.00

18.00

Riotorto Ardora: Residencial paradiso

Raiolas: Non volvas, Salustio, non volvas

Zampalladas: A cabana do tío Toño

07/05/2011

11/06/2011

18/06/2011

22.00

22.00

22.00

Burela Nova Escena: O inspector

Ardora: Residencial Paradiso

19/11/2011

12/11/2011

20.30

20.30

Muras Os Baluros: Recobrou o sorriso Eleuterio

Ardora: Residencial Paradiso

A Adala: Borrando sombras

16/10/2011

10/09/2011

22/10/2011

20.00

17.00

17.00

Lourenzá O Bordelo: Quintana dos vivos, anguria dos orfos

Falcatrueiros: O tanatorio

05/11/2011

12/11/2011

20.00

20.00

O Valadouro Zampalladas: A cabana do tío Toño 25/06/2011 22.00
Ourol Parápono: O reo

TeatroCrea: Encaixes de vidas

11/06/2011

29/10/2011

19.00

19.00

Cervo Os Baluros: Recobrou o sorriso Eleuterio

Parápono: O reo

13/11/2011

29/10/2011

19.00

19.00

Viveiro Rebuldeira: Comedia bífida

A Adala: Borrando sombras

22/10/2011

15/10/2011

20.30

20.30

O Vicedo Falcatrueiros: O tanatorio

Pinchacarneiro: O médico a paus

Axóuxeres: Farsa á escocesa e matrimonio do século XXI

08/10/2011

22/10/2011

05/11/2011

19.30

19.30

19.30

Exit mobile version