Site icon Crónica3.com A Mariña

O tren de Feve “Ribadeo porta norte” circulará 14 fins de semana de xullo a setembro

Nota de prensa

PRESENTACION DO TREN DE FEVE “ RIBADEO: PORTA NORTE “

Hoxe, venres a Vicepresidenta 3ª e responsable da área de Turismo da Deputación de Lugo Mª Xosé Vega Buján o Alcalde de Ribadeo , Fernado Suarez Barcía , o Director de Trens turísticos de Feve, José Antonio Rodriguez García e o Xerente de FEVE , José Manuel Pereda presentaron a 5ª edición , dun clásico do verao na Mariña de Lugo: o tren de Feve denominado Ribadeo : Porta Norte

Este tren que traerá turistas dende Xixón a Ribadeo cunha visita a Mondoñedo é un tren que fomenta o turismo de cercanías, moi valorado e apreciado sempre , pero especialmente en tempos de dificultades económicas.

Este tren circulará durante 14 fins de semana entre os meses de Xuño e Setembro:

Xuño : 14,21,28 Xullo : 5,12,19,26 Agosto : 2,9,16,23,30 Setembro : 6, 13

Esta iniciativa é produto da colaboración de varias institucións como son O Concello de Ribadeo, FEVE e a Deputación de Lugo que aporta 15,000 euros no ano 2011 e que sumados aos invertidos dende o ano 2008 fan un total de 52.000 euros en 4 anos

A evolución da ocupación :

2008 : 415

2009 : 600

2010 : 1.800 ( ano Xacobeo )

2011 : as previsións son de 700 pasaxeiros.

Esta iniciativa encaixa perfectamente nos obxectivos do Departamento de Turismo da Deputación provincial de dar a coñecer a provincia de Lugo e ao mesmo tempo axudar ao sector turístico público e privado da Mariña : Concellos, hostelería, restauración, transporte, comercio, etc

Xunto a esta iniciativa do Tren Ribadeo Porta Norte tamén circularán ao longo do ano outros tres de FEVE con parada en Ribadeo e visitas programadas a distintos puntos da Mariña como son o Transcantábrico e o Xacobeo co que asegún os cálculos de ocupación visitarán Ribadeo 5.000 persoas aproximadamente.

Exit mobile version