Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo inicia unha serie de exposicións de fotos antigas polas parroquias

Nota de prensa:
O CONCELLO INICIA O LUNS UNHA SERIE DE EXPOSICIÓNS DE FOTOS ANTIGAS POLAS PARROQUIAS.

Ribadeo, 21 de abril de 2011. O Concello de Ribadeo, co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, inicia o vindeiro luns 25 de abril unha serie de exposicións en cada parroquia que recollen imaxes anteriores a 1970 de cada un dos núcleos do rural, achegadas nos últimos tempos polos veciños.

A exposición Rinlo na memoria quedará aberta na escola de Rinlo o vindeiro luns ás 20:30 horas; na escola de Vilaselán a exposición das súas imaxes poderáse ver a partires do martes 26 de abril ás 20:30 horas e na escola de Remourelle a súa exposición abriráse o mércores 27 de abril ás 21 horas.

Ademáis o Concello segue a recoller fotos para a fototeca virtual que vai poñer en marcha.

Exit mobile version