Site icon Crónica3.com A Mariña

Romperon 36 puntos de luz, unha ducha e parte da balaustrada do Cargadoiro en Ribadeo

Nota de prensa

FERNANDO SUÁREZ LAMENTA O ACTO VANDÁLICO QUE SE PRODUCÍA ESTA NOITE NO CARGADEIRO E PIDE A COLABORACIÓN DOS VECIÑOS PARA DAR COS AUTORES DA DESFEITA.

Burela, 5 de abril de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, lamenta o acto vandálico que se producía esta no Cargadeiro en Ribadeo. Alí autor ou autores desconocidos romperon 25 farolas (16 baixas e 9 altas), 11 luminarias da pasarela, destrozaron unha ducha e parte da balaustrada da pasarela do Cargadeiro.

O rexedor explicou que “hoxe é un deses días nos que podemos preguntarnos si paga a pena facer cousas e investir un montón de diñeiro público para que algún sinvergonza se adique a estropealo, a rompelo con saña, con ganas, con nocturnidade e desgraciadamente ata o de agora non puidemos atopar aos culpables desta desfeita”.

Suárez Barcia considera que “o que fixeron esta noite aquí no Cargadeiro non ten nome, romperon unha chea de farolas, tanto das baixas como das altas, en total puiden contar agora unhas 36, romperon parte da balaustrada da pasarela do Cargadeiro e con eses barrotes destrozaron as farolas, algunha ducha… unha auténtica desfeita nun momento económico difícil, onde quen paga todo o pato son os veciños do concello, porque o diñeiro que teñamos que utilizar para amañar isto deixarémolo de investir noutras cousas, seguramente máis positivas”.

O alcalde de Ribadeo engadiu que “eu non quero con isto apelar á conciencia dalgúns desalmados porque é como bater en ferro frío e quizáis non sería mala cousa que, unha vez collidos, se lles aplicara a mesma medicina que eles aplicaron contra este mobiliario público. Sí que quero apelar á cidadanía que poida ver cousas ou axudarnos a dar con estes delincuentes ben sexa a través da Policía Local ou da Garda Civil. Hoxe aquí estábamos todos tentando falar coa xente, cos veciños da zona, algúns din que escoitaron ruidos fortes de madrugada, pero ninguén viu nada que nos permita chegar a estes delincuentes”.

Fernando Suárez subliñou que “a faena que lles fixeron aos veciños de Ribadeo é sonada e deben estar moi satisfeitos coa súa conciencia por facer esta desfeita aquí no Cargadeiro”.

Exit mobile version