Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de persoas relacionadas co fútbol sala homenaxearon ao adestrador Xulián Amarelo

Nota de prensa

O domingo 10 de abril de 2011 cumpríu 50 anos Ó ÚNICO MARIÑAO que acadou coma adestrador 2 ascensos á DIVISIÓN DE HONRA. Con motivo de dito acontecemento unha serie dos seu amig@s e xogadoras que estiveron ás súas ordes decidimos facerlle unha HOMENAXE SORPRESA. Ó longo da xornada fóronse xuntando diferentes persoas relacionadas co futsal. Así que no nome de tod@s os que lle fixemos esta homenaxe (que contou dun video dun 15 minutos de duración dende que Amarelo comezou coma adestrador feminino con xente coma Clau, Ro ou Marte até que acadou o 2º ascenso a DIVISIÓN DE HONRA, así coma un cadro onde se reunen 3 dos seus mellores momentos coma adestrador, dentro da súa dilatada e exitosa traxectoria, un xantar e como non, na sobremesa soprou as velas.) pensamos que XULIÁN AMARELO merece que se lle recoñezan todos os seus éxitos porque el coma PERSOA É IMPRESIONANTE.
Tanto no video coma na torta de cumpreanos figuraron 2 palabras “PARABÉNS MESTRE”

Exit mobile version