Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ reuniuse con representantes dos colectivos culturais coa finalidade de recoller as súas inquietudes e propostas

Nota de prensa

UNIFOZ dentro do programa de encontros con colectivos do noso pobo,xuntouse onte (venres) cos representantes dos colectivos culturais coa finalidade de recoller as súas inquietudes e propostas para o eido cultural.

UNIFOZ comprometese a asinar acordo de colaboración cos diferentes colectivos para o desenrolo de actividades culturais, así como para o fomento proxectos conxuntos entre o Concello e os colectivos.

UNIFOZ, quere potenciar a E.Música Municipal con outras instalacións, asi como considera preferente a posta en marcha dun auditorio.( proxecto últimamente esquecido polo G.Local e pola Xunta de Galicia.)

Hoxe Sábado, UNIFOZ presenta a súa lista nunha cea no H Leytón ás 22:15 h , onde xa confirmaron asistencia máis de 200 persoas, as que queremos agradecer anticipadamente a súa colaboración e participación neste acto.

UNIFOZ presenta unha lista distinta a de outras formacións, co obxectivo de ser un grupo de persoas dispostas a poñer en marcha outra formar de traballar na vida municipal, en particula con criterios e obxectivos claros que axuden a dar un forte impulso o futuro do noso pobo.

UNIFOZ aposta por un goberno cun equipo forte e unido con consenso de trece concelleiros para traballar máis e falar menos, pensando no futuro de Foz.

UNIFOZ presenta unha lista con 9 mulleres e 7 homes, e onde nos tres primeiros postos dúas son mulleres.

UNIFOZ, incorpora na súa lista a persoas con diversidade funcional

UNIFOZ, presenta unha lista con xente con vocación de traballar polos veciños de Foz, como o demostra que unha parte da mesma está integrada por persoas que formaron e forman parte de diferentes colectivos.do noso pobo.

Exit mobile version