Site icon Crónica3.com A Mariña

Ve o PP de Burela que as obras de O Perdouro aínda non remataron

Nota de prensa

O GMPP: “As obras de O Perdouro ainda non remataron”.

Os populares afirman que a terra e as pedras que hai na estrada son un novo perigo para a circulación.
Consideran que “o alcalde cala, para non molestar a Besteiro”.

Burela, 6 de abril de 2011.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela afirmou hoxe que as obras na zona de O Perdour que fixo a Deputación, cun ano de retraso, ainda non remataron, en contra do afirmado polo bipartito burelés, xa que hai un tramo no que non hai asfalto, e a presencia no mesmo de terra e pedras está xenerando un novo perigo para os usuarios, xa que están aparecendo baches considerables e as pedras sales despedidas polas rodas dos vehículos.

Para os populares, esta é unha mostra máis da desidia e nulo traballo do alcalde e do bipartito burelés: “son capaces de anunciar que xa se remataron as obras cando todo o mundo ve que é mentira, resulta que se plantexa un novo problema, e ante a sorpresa xeral o alcalde, en vez de solicitarle á Deputación que acabe dunha vez as dichosas obras, cala a boca, supoñemos que para non molestar a Besteiro”.

Desde o GMPP van máis aló, e afirman que a mesma desidia e nulo traballo se deu co arranxo dos camiños afectados polas choivas do pasado mes de xuño: a Deputación dixo que os arreglaría, cousa que non fixo, e se o fixo fíxoo mal, porque foi o mesmo concello quen despois lle solicitou á Xunta que os arreglara definitivamente, incluido o desprendemento do Camiño da Folgueirosa. Obras que neste caso si remataron na súa totalidade a semana pasada.

En cambio, parace que o asunto de O Perdouro vai para largo, e se está a convertir no auténtico culebrón deste ano, porque hai que recordar que as competencias sobre a travesía municipal son do concello, propietario da mesma, e polo tanto responsable do seu mantemento e reparación. Reparación que o concello non fixo porque non tiña o que custou, ou sexa, 75.000’00€, pero sí tén cartos para carteis, calendarios e demais derroches e despilfarros múltiples, o que demostra a nula preocupación do alcalde e do bipartito polos intereses da inmensa maioría dos veciños de Burela e o descaro co que usan os cartos de todos.

Exit mobile version