Manuel María, coa amenidade que o caracteriza. e a beleza das súas verbas, que engaiolaron ós ointes, fixo unha defensa de I. Alvariño, co que – dixo – “foron inxustos
na súa valoración como poeta, e como home, os seus críticos e comentaristas”. O conferenciante, amigo persoal seu, fixo unha descripción da súa vida e da súa obra, recurrindo incluso á correspondencia privada. na que se revela un I.Alvariño amable e servicial, que nada ten que ver coa imaxe propagada por outros xuizos. Manuel María considerou a I. Alvariño como un gran poeta virxiliano, na liña de Noriega ou Teixeira de Pascoaes, aínda que, pola súa forma de vida, e pola súa actitude, non foi un persoaxe singular, como o foi o antigo mestre de Foz, Noriega. Destacou, asimesmo, a importante laboura do profesor I. Alvariño na recolleita de ditos e termos usados polo pobo; sorprendeuno a morte precisamente cando traballaba nun diccionario galego que non chegou a rematar.
Ó final da conferencia produciuse un animado coloquio, no que interviron boa parte dos asistentes, e ó que Manuel María puxo a amenidade das mil anécdotas e o engado da súa voz fonda, acariñadora. Un longo aplauso de quen enchían a sala de actos do clube amosaba a súa compracenza a este primeiro acto cultural desenvolvido na nova etapa do Clube Náutico de Foz”.
Suso Fernández