Site icon Crónica3.com A Mariña

26.254 mariñáns non votaron polo PP, 21.683 si

21.683 mariñáns optaron polo PP e 26.254 por outra opción

En España teñen un problema. En Galicia, nas grandes cidades da Coruña tamén. Aquí, na Mariña non. Aquí non temos o mesmo problema. Nos 15 concellos que forman A Mariña lucense, o PSOE perdeu 4.133 sufraxios, o PP so gañou 251 votos, o BNG liderou o aumento de votantes con 581 novos apoios e o resto das formacións, no seu conxunto, perderon 604 votantes. Outros quedaron na casa en vez de ir votar.
Dos resultados do 22M desprendese que 21.683 mariñáns optaron polo PP mentres que 26.254 veciños da comarca fixérono polos outros partidos que representan a sociedade plural. Todo isto partindo de que os datos facilitados sexan correctos, os cálculos matemáticos non fallen, e contando co permiso de don Victor d’Hondt.
Así que non proceden euforias con resaca vitoriosa nin caídas de moral en picado. So cabe cargarse de paciencia para comezar a soportar as cantilenas do está todo sen facer, foron catro anos perdidos, non podemos facer nada porque o deixaron todo arruinado, ti máis ou vos tamén.

Exit mobile version