Site icon Crónica3.com A Mariña

A democracia falou en Xove

O pasado día 22, falaron  os votos en Xove, e ante isto solo se pode dicir,
falou a democracia.
O resultado xa e coñecido, maioría rotunda do PP., solo queda felicitar a Demetrio e o seu equipo,  superpón  chegar os cidadáns e a cambio reciben 8 actas de concelleiros/as, o que supón una maioría rotunda.
Con respecto a miña opinión do P.P., hai que dicir que chegaron, convenceron e venceron, esa e a realidade, agora toca gobernar, eu so  lles pido traballo, humildade e transparencia, que esta maioría non se mal interprete e se conviría en prepotencia, arrogancia e modais propios de outros tempos, eu espero una forma de facer política propia de un partido conservador Europeo, con una sola mirada, que Xove teña una desenrolo axeitado os tempos e o presuposto que manexa.
En canto os partidos da oposición,  lembrarlles que estamos no mesmo sitio que fai 30 anos, algo se fai e se fixo mal, tanto BNG. Como PSdG.PSOE, deberían de facer una seria e profunda reflexión, ver o por que non hai avance , e evidente que Xove e un pobo conservador  despois de moitos anos con una sola forma de entender a política, pero os tempos  e os cambios xeracionais deberían de ir homologándonos a concellos veciños, pero a realidade e que  e   8-2-1 dende os anos 80, as parcelas son estancas.
Os resultados así o reflexan, no ano 2003, o PSOE 396 votos, BNG 435, ano 2011, PSOE 233, BNG 599, o que baixa o PSOE+1 voto e xusto o que sube o BNG, e dicir que o P.P. solo perdeu 1 voto.
O por que sucede esto,  e moi difícil de analizar, pero hai cuestión simples e evidentes,  a  acción política hai que facela durante os catro anos que dura a lexislatura, sen presas sen insultos pero sen pausa, para que un concello funcione xa non ben, sinón normal, e moi importante que o Goberno Goberne, que a oposición faiga una labor de control acompañado de propostas,e tamen e moi  importante que nos trasladen unos e outros a información de cómo se goberna,  xa sabemos que o que goberna non lle gusta que o controlen, pero e misión da oposición facer esa labor,  saber como se xestionan os nos cartos, como se fan as contratacións tanto de persoal, como de obras como de gastos correntes e subvencións, como se  comportan os que nos dirixen e a sua coherencia do que dicen e do que fan, son datos e
información que debe chegar os cidadáns, e todo ese traballo feito en catro anos, e o que pode e debe decidir a inclinación de votantes.

Fernando López Pedre

Exit mobile version