Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado de Industria, Comercio e Turismo de Burela presentou un banco de imaxes con 300 fotos

Nota de prensa

BURELA AMPLÍA A SÚA CAPACIDADE DE RECURSOS COA PRESENTACIÓN DUN BANCO DE IMAXE.

Burela, 4 de maio de 2011. A Delegación de Industria, Comercio e Turismo do Concello de Burela da que e responsable José González Legazpi presentou hoxe un fondo fotográfico ou banco de imaxe que ven ampliar a capacidade dos recursos do concello primordialmente no eido de posibilitar accións divulgativas e de reproducción. O primeiro tomo está formado por unhas 300 imaxes documentadas e dixitalizadas.

O edil nacionalista sinalou que “con esta iniciativa preténdese potenciar os recursos propios do concello ampliando por tanto as capacidades de desenvolvemento, de tal xeito que nos permita a disposición de imaxes actualizadas e representativas de todos os entornos de Burela cara a efectividade nos distintos traballos de divulgación e creatividade propios do Concello, nos campos do turismo, da cultura, do comercio, do deporte, en definitiva de toda condición, e na que sexan necesarias as imaxes de Burela para resolver a pretensión necesaria dentro do ámbito da necesidade interesada en cada momento”.

Na súa presentación González Legazpi subliñou que “neste primeiro tomo se inclúe a reproducción dos distintos lugares de Burela, de característica industrial, pesqueira, cultural, turística, e de entorno, incluso dos barrios emblemáticos de Burela. Trátase de máis de trescentas imaxes documentadas e dixitalizadas e temos a pretensión de que seguidamente se procederá á realización dun segundo tomo de ámbito nocturno e de representación dos actos máis lúdicos, festivos,etc, de forma que se deixe conformado un fondo fotográfico coa totalidade do concello en imaxes.

O responsable deste proxecto e concelleiro de Turismo defíneo coma “un recurso necesario para posibilitar a información documentada e os necesarios recursos propios da elaboración do material divulgativo no campo do turismo e no documental de características culturais e demáis. Por tanto Burela contará cun banco de imaxe propio xa que logo non dispoñía de arquivo algún que dera cobertura a esta necesidade, o que representaba non só un perxuizo temporal cara as necesidades esenciais de desenvolvemento local senon tamén de consecuencias económicas que agora quedan solucionadas xa que logo o fondo ou banco de imaxe é propiedade do Concello e por tanto non se precisa consecuencia ou fundamentación propia das esixencias de reproducción para o desenvolvemento de proxectos indistintos para potenciar e divulgar os recursos máis necesarios ou esencias de Burela”.

Exit mobile version