Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación felicita á Xunta por facer unha réplica do Plan Lugo Emprega

Nota de prensa:
A Deputación felicita á Xunta por facer unha réplica do Plan Lugo Emprega

– Antonio Gato subliña que a similitude é tal que o programa autonómico emprega a un número de persoas, ten unha dotación económica e un fin practicamente idéntico ó impulsado polo organismo provincial

– O Deputado lamenta que o Plan da Xunta non fose máis ambicioso, xa que “Feijóo ten 100 veces máis presuposto que a Deputación. Parece que por fin comeza a recuperar a súa competencia, á que está obrigado por lei, para frear o paro na provincia”

– Tal e como anunciou a administración autonómica, esta é a segunda vez que o Concello do Incio desaproveita unha oportunidade para dar emprego ós seus veciños

O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, amosou hoxe a súa satisfacción polo anuncio realizado pola Xunta de Galicia no que esta fai unha réplica do Plan Lugo Emprega da Deputación, xa que inclúe un número de traballadores (913), un orzamento (9 millóns de euros) e unha finalidade (traballar en obras e en servizos da provincia) practicamente idéntico ó posto en marcha pola Deputación hai uns meses. Asimesmo, Gato Soengas lamenta que o Plan da Xunta non fose máis ambicioso, “xa que Feijóo ten 10 veces máis presuposto que a Deputación. Parece que comeza a recuperar a súa competencia, á que está obrigado por lei, para frear o paro na provincia”.

Neste senso, o Deputado provincial agarda que se concrete o Plan, así como o tempo de duración do contrato dos beneficiarios porque “o que fai falta é que as administracións, aínda que sexa tarde, se sumen para frear o paro”. Con respecto ós criterios do Plan, o voceiro provincial socialista congratúlase de que os fondos se distribúan atendendo a criterios obxectivos como a poboación total, “aspecto que no seu momento foi criticado polo grupo provincial do Partido Popular cando aprobamos o Lugo Emprega”.

Por outra banda e tal e como anunciou a Xunta, Antonio Gato lamenta que novamente o Concello do Incio rexeitase sumarse á iniciativa da administración autonómica. “É dicir, esta é a segunda vez que o Alcalde deste municipio, Ángel Camino, desaproveita unha oportunidade para dar emprego ós seus veciños”.

Exit mobile version