Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación homenaxeou a Christian e Renato, infantís do Burela FS campións de España coa selección

A Deputación homenaxeou a Christian e Renato, infantís do Burela FS campións de España coa selección
Nota de prensa

A DEPUTACIÓN HOMENAXEA A CHRISTIAN E RENATO COMO CAMPIÓNS DE ESPAÑA

O delegado de Deporte da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, visitou onte a sede social do CD Burela FS para facerlles entrega dun obsequio aos xogadores infantís Christian García e Renato Lopes, como recoñecemento polo seu recente título de campións de España coa selección galega (Ponteareas, 15-17 de abril).

Antonio Veiga tamén se reuniu co presidente da entidade laranxa, José Ramón González Casas, para asinar o convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo e o club burelista, destinado a cubrir gastos da tempada 2010-11, con especial incidencia na promoción do deporte de base. Neste acto tamén estiveron a concelleira de Deporte de Burela, Neves Cando, e o director xeral do club, José Luis Sáez.

O responsable de Deporte da Deputación destacou o CD Burela FS como exemplo de canteira: “O seu traballo polo deporte de base na Mariña é continuo, tanto por éxitos acadados como por actividades que realiza de fomento do deporte a todos os niveis. Non só forma xogadores para o propio club, senón tamén para as seleccións, como quedou reflectivo na participación de Christian e Renato con Galicia Infantil”. “Dende a Deputación sentímonos orgullosos do traballo de fondo e seriedade deste club” puntualizou Antonio Veiga.

Pola súa banda José Ramón González e José Luis Sáez agradeceron a axuda prestada pola deputación e o compromiso demostrado co proxecto laranxa, a pesar dos tempos de crise.

Exit mobile version