Site icon Crónica3.com A Mariña

A escuadra laranxa regresa á competición en duelo directo ante o Atlético de Madrid

Nota de prensa:
A ESCUADRA LARANXA REGRESA Á COMPETICIÓN EN DUELO DIRECTO ANTE O ATLÉTICO DE MADRID

A escuadra laranxa regresa á competición despois dun mes sen xogar, cun prato forte, a visita á pista do Atlético de Madrid Navalcarnero, en duelo directo. O pavillón municipal La Estación acollerá a vixésimo oitava xornada de Honra entre a cuarta praza das madrileñas e a terceira das galegas o domingo, a partir das 13.15 horas.

O Burela FS Pescados Rubén defenderá o podio con tan só tres puntos de vantaxe sobre o rival, coas forzas recuperadas para afrontar sen limitacións a recta final de liga e chegar nas mellores condicións á XVII Copa de España (3-5 de xuño), como anfitrioa.

Tras o título acadado por Anita Luján, Sara Iturriaga e Natalia coa selección española en Moscova, o Navalcarnero recibirá as laranxas coas contundentes vitorias ao Natudelia.com Zaragoza (8-2) e Valladolid (3-9), entre os seus resultados máis recentes.

Exit mobile version