Site icon Crónica3.com A Mariña

A información na prensa deportiva será o tema de apertura das III Xornadas Formativas Burela FS

Nota de prensa

A PRENSA DEPORTIVA ABRIRÁ AS III XORNADAS FORMATIVAS BURELA FS

Alfonso Iglesias, vicedirector do IES Monte Castelo; Fernando López, xerente do CD Burela FS; e José Manuel Fraga, alumno do IES Monte Castelo

Baixo o título “A relación entre os medios de comunicación e os clubs profesionais”, o relatorio do delegado do xornal A Mariña-El Progreso, Pablo Yáñez, abrirá este xoves as III Xornadas Formativas Burela FS, ás 17. 30 horas, no IES Monte Castelo. O xerente do club, Fernando López, presentou o ciclo onte na sede laranxa, acompañado polo vicedirector do instituto colaborador, Alfonso Iglesias, e de José Manuel Fraga, alumno do ciclo de Actividades Físicas e Deportivas do devandito centro que está realizando as prácticas na entidade laranxa.

As Xornadas Formativas de 2011 prolongaranse ata o 1 de xuño, nun total de cinco charlas. A prensa deportiva dará paso ao mundo de “As relacións laborais no fútbol sala”, o 12 de maio, a cargo de profesorado da Universidade da Coruña especializado en Dereito do Traballo e Dereito Sindical. O fisioterapeuta do Durán Maquinaria Ensino CB, Fiz Fernández, abordará as vendaxes funcionais o 19 de maio. Unha semana máis tarde, a xestión deportiva centrará o ciclo a través da perspectiva do xerente do Azkar Lugo FS, Óscar Hermida. Por último, as experiencias de Pablo Prieto como seleccionador de Libia porán o broche final o 1 de xuño.

LOCALIZACIÓN: IES Monte Castelo

HORARIO: 17.30 h.

Xoves 5 de maio

“A relación entre os medios de comunicación e os clubs profesionais’

Relator: Pablo Yáñez, delegado de A Mariña-El Progreso

Xoves 12 de maio

“As relacións laborais no fútbol sala”

Relatores: Jesús Martínez, catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social; Alberto Arufe, profesor de Dereito do Traballo e Seguridade Social; e Iván Vizcaíno, profesor de Dereito Sindical (Universidade da Coruña)

Xoves 19 de maio

“A vendaxe funcional: aplicación básica na escordadura de nocello”

Relator: Fiz Fernández, fisioterapeuta do Durán Maquinaria Ensino CB

Xoves 26 de maio

“Modelo e xestión dunha fundación deportiva e un club de alto rendemento”

Relator: Óscar Hermida, xerente do Azkar Lugo FS 05-11 e Fundación Azkar 07-11

Mércores 1 de xuño

“Futsal en Libia, experiencias”

Relator: Pablo Prieto, seleccionador nacional de Libia

Exit mobile version