Site icon Crónica3.com A Mariña

A mocidade será o centro das políticas municipais dos BNG de Foz

Nota de prensa:
A MOCIDADE PARA O BNG DE FOZ SERÁ CENTRO DAS POLÍTICAS MUNICIPAIS

Foz, 11 de maio de 2011.- Durante o debate realizado diante de estudantes de Secundaria e Bacharelato do IES de Foz no día de onte, o candidato do BNG, Xan Carlos González Basanta, deixou claro que o BNG contará coa mocidade á hora de facer política municipal.

No contexto político actual, a asunción polo PP do Goberno galego supuxo non só a paralización de iniciativas transformadoras dirixidas á mocidade que foran postas en marcha polo nacionalismo en colaboración cos concellos galegos, senón mesmo a introducción de recortes que implican limitacións económicas para seguir implementando políticas xuvenís por parte dos concellos.

Segundo o Basanta, isto non vai a impedir que sexa tarefa prioritaria do goberno do BNG desde o Concello de Foz tomar esas medidas necesarias por ser a mocidade un dos colectivos máis afectados pola crise económica, que se traduce nunha alta taxa de desemprego. Entre estas medidas que forman parte do programa están crear unha oficina de información xuvenil respecto das ofertas de emprego da comarca, ter activada unha bolsa de emprego on-line, así como facilitar cursos e axuda a mozas e mozos desempregados a través de programas de busca de emprego ou autoemprego. Do mesmo xeito, tamén se colaborara activamente na organización de cursos de formación profesional e traballárase no apoio e tramitación de iniciativas empresariais e proxectos que xeren emprego xuvenil entre os que por suposto estarán a posta en marcha de servizos sociais dos que Foz aínda carece.

O BNG centrará, xa que logo, a súa actuación na aposta por mellorar a situación laboral da xente nova contando coa súa participación no deseño das políticas que lles afecten a través dun Consello da Mocidade.

Dentro das propostas que o BNG ofrece no ámbito deportivo, cultural e de ocio unha vez obtido o goberno municipal son facilitarlle aos mozos e mozas locais municipais de ensaio, sala de proxeccións permanente (cine), crear unha escola de surf, programar concertos musicais para a mocidade, poñer autobuses para eventos que teñan que ver coa mocidade (concertos de grupos, eventos deportivos,…), viaxes culturais e de ocio para mozos/as en colaboración cos centros de ensino e as asociacións xuvenís, crear carrís e aparcadoiros para bicicletas en puntos de interese xuvenil ou facer unha pista de atletismo.

Dentro das políticas sociais do BNG no Concello de Foz, Basanta asegurou que “a mocidade tamén terá un papel esencial a través de medidas como un bono-bus para transporte aos mozos e mozas que cursen ciclos ou estudos medios noutras localidades así como para conservatorios e escola de idiomas, a reserva dun 30% da vivenda de protección pública que se constrúa para os menores de 30 anos, dotación dun Centro Quérote e a reimplantación do noite-bus (iniciativa implantada polo BNG desde o 2005 e que o PP está eliminando)”.

Exit mobile version