Site icon Crónica3.com A Mariña

A peña barcelonista San Miguel convida a presenciar con eles o partido da Final de Champions

Nota de prensa

A peña barcelonista San Miguel convida a todo-los afeccionados do FC Barcelona,
a presenciar con eles o partido da Final de Champions.
A reunión peñista terá lugar o sábado 28 a partir das 20.30 horas, no
restaurante Oliñas do Mar, sito na praia de Benquerencia.
Dende alí tentarán dar os seus ánimos ó equipo blaugrana para conseguir a sua 4ª
copa de Europa.
A peña estará representada en Wembley por tres dos seus socios, mentres que o
resto animará o equipo dende o citado restaurante.
Por outro lado, a peña organiza unha viaxe a Vilalba para asistir á Xuntanza de
Peñas Barcelonistas Galegas. Será o domingo día 12 de xuño. Os interesados en
acudir a esta cita barcelonista (sexan socios ou non da peña), poden pedir máis
información no telefono 649 57 13 60. O prazo para apuntarse remata o día 30 de
xuño.
Animamos a todos os barcelonistas a participar nestes actos. ¡Todos xuntos
faremos historia!

Exit mobile version