Site icon Crónica3.com A Mariña

A Peña Barcelonista San Miguel organiza un torneo de Fútbol 7

Nota de prensa:
A Peña Barcelonista San Miguel organiza un torneo de Fútbol 7.

Este torneo será a fin de semana do 2-3 de xullo, no campo de fútbol das Valgas, en San Miguel de Reinante e está aberto ós afeccionados en xeral.
O prezo de inscripción por equipo participante será de 100,00 €. O prazo para apuntarse remata o día 27 de xuño. Para iso ou para recibir máis información, pódense dirixir ó teléfono 649 57 13 60.
O sistema de competición será o habitual nestes casos, unha primeira fase de liguilla para logo pasar ás eliminatorias directas.
Haberá premios para os 4 primeiros clasificados, consistentes en trofeo e no 50% do recaudado na inscripción.

Por outra banda, a peña tamén organiza a cea de remate de temporada. Nesta ocasión será o venres 17 de xuño, no restaurante A Solana de Ribadeo. O prezo por persoa será de 25,00 € e o prazo para apuntarse remata o día 14 de xuño.
Para máis información, pódense dirixir ó teléfono 649 57 13 60.

Finalmente a peña, felicita a todo-los culés da Mariña, pola extraordinaria temporada do seu equipo, que rematou coa consecución de tres títulos, Supercopa de España, Liga e Champions, animando ós simpatizantes barcelonistas a que se fagan socios desta peña por unha cota anual de 36,00 €. Viaxes, ceas, comidas, diversión e sobre todo barcelonismo, é o que ofrece esta peña mariñana. Para contactos, no teléfono anterior ou no correo pbsanmiguel@yahoo.es

Exit mobile version