Site icon Crónica3.com A Mariña

A plataforma SOS sanidade pública asegura que o Sergas abriu a porta á contratación privada

Nota de prensa

NOTA DE PRENSA URXENTE DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA

Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia non espera ao 23 de maio para avanzar na
privatización da sanidade pública galega, a pesares das súas mensaxes de non privatizala.
O SERGAS a través dun prego de cláusulas ao que tivo acceso a Plataforma da Defensa da
Sanidade Pública, abre a porta á contratación privada da xestión económica e á xestión
dos procesos de oposicións do seu persoal.
A cambio de 557.000 euros (case 100 millóns de pesetas) , nun momento de crise, adxudica a unha
empresa privada este contrato, que contempla unha actividade que pon en perigo os postos de
traballo de moitos empregados públicos e entrega á mesma unha información estratéxica acerca dos
seus obxectivos, dotacións económicas, dispoñibilidades orzamentarias e políticas de racionalización
do gasto.
Finalmente entrega unha información tan vulnerable e unha competencia tan central para os seus
obxectivos como é a xestión dos procesos de oposicións (inscrición, oposición e provisión das
prazas), en definitiva toda a selección do persoal.
Para esta Plataforma este novo e suculento contrato supón na práctica a “baltarización” da política
de contratación do persoal da Sanidade Pública Galega.
O prego ao que tivo acceso SOS Sanidade Pública contempla a entrega a unha empresa privada as
seguintes competencias da administración pública:
1.- Xestión económica:
? Sistema de tramitación orzamentaria.
? Xestión de pagos en unidades administrativa (servizos centrais, direccións e delegacións
provinciais).
? Xestión de Subministracións e Unidades de Consumo
2.- Recursos humanos:
? Aplicación para a xestión dos procesos de oposicións (inscrición, oposición e provisión)
A pesares da habitual dificultade para entender a linguaxe administrativa, o que antecede está moi
claro: Trátase de liquidar unha importantísima parte da administración pública e facilitar a
Page 2
penetración do sector empresarial privado nunha das áreas máis sensibles da xestión administrativa
do sistema sanitario público. Os cidadáns entenderán perfectamente que iso supón amputar a
capacidade operativa do sistema e a súa sustentabilidade económica futura.
Ademais disto, en tempos de crise e de austeridade, incrementa en máis de medio millón de euros,
nun novo exercicio de desconfianza nos seus propios empregados públicos, un gasto sen
xustificación obxectiva algunha.
A carga de traballo que se subtrae ao público e que se transfire á empresa privada é o primeiro paso
para poder despedir, sen provocar unha catástrofe administrativa, a un gran número de persoal
altamente cualificado, seguindo as estratexias do Primeiro Ministro do Reino Unido que tanto
admira o Sr Rajoy.
No que se refire á selección do persoal supón unha gravísima entrega de información confidencial
dos miles de aspirantes ao emprego público do SERGAS de todas as Categorías, e a vulneración dos
criterios de igualdade, mérito e capacidade que a Constitución e as Leis Galegas protexen

Exit mobile version