Site icon Crónica3.com A Mariña

A S.C. Ledicia de Burela conmemora o Día das Letras Galegas cunha actividade aberta á participación

Nota de prensa

A Sociedade Cultural LEDICIA, de Burela, organiza para o vindeiro sábado 14 de maio un SERÁN. E unha actividade aberta á participación de toda persoa que guste da música tradicional; serviranos para conmemorar o día das Letras Galegas dun xeito moi enxebre, xa que os músicos e bailadores terán liberdade para expresar as súas emocións sen o condicionante dunha organizada escenografía ou coreografía pensada para un espectáculo concreto.

O gusto por tocar, bailar, ou cantar entre compañeiros e amigos, e mesmo con descoñecidos que dende ese momento non o serán tanto fai deste tipo de reunións verdadeiros momentos de disfrute da musica tradicional. E para aqueles que non queiran participar activamente, tamén está a posibilidade de compartir un tempo de tertulia ou uns “chatos” cos amigos.

Agradecemos á Asociación As Encaixeiras que nos permitan celebrar este evento na carpa onde elas teñen organizado ó longo da mañá e tarde a xuntanza de palilleiras; unha vez rematen continuaremos nós coa festa.

Exit mobile version