Site icon Crónica3.com A Mariña

A Sombriza felicita a Adri Pardo Basanta premiada en Galería Burela

A Sombriza felicita á artista Adri Pardo Basanta premiada no certame de pintura Galería Burela

Cando fai anos desde a asociación cultural A Sombriza puxemos en marcha o programa Novos Artistas, Novos Valores como espazo para dar a coñecer a obra pictórica de mozas e mozos creadores, tiñamos moi claro que a xuventude non estaba rifada coa capacidade artística, co talento, coa maxia desas persoas que teñen o don de transmitir a través das súas imaxes e pinceladas aquilo que os nosos ollos observan.

Hoxe xa non é simplemente unha impresión, senón unha realidade corroborada tamén polos máis expertos. Así acontece con Adri Pardo Basanta a pintora mariñá que deu a coñecer con A Sombriza a súa obra “Nostalxias” na Sala de Exposicións de Cervo. A moza estudante de arte que foi unha das primeiras en formar parte do proxecto cultural promovido pola nosa asociación Novos Artistas Novos Valores e acadou nos pasados días un gran recoñecemento, o segundo premio do certame de pintura da Galería Burela.

Moitísimas felicidades Adri. Ten claro que o que os éxitos que estás a colleitar son tremendamente merecidos. Nós xa sabíamos do teu inmenso talento. Agora serán outros moitos os que poderán comprobalo gozando da prometedora traxectoria que tes por diante. A todos os demais, a vostedes, animámoslles a que non esquezan este nome: Adri Pardo Basanta, a que descubran as súas pinturas, a que visiten as exposicións. Porque sen dúbida descubriran unha gran capacidade artística, nas mans dunha muller nova. A fórmula do talento xuvenil pola que desde A Sombriza apostamos acertadamente no pasado e seguiremos apostando.

Exit mobile version