Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta iniciou o tramite para adxudicar 14 vivendas en Viveiro, Ribadeo, Mondoñedo e Lourenzá

Nota de prensa

A XUNTA ADXUDICARÁ 101 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA CONSTRUÍDAS EN ONCE CONCELLOS DA PROVINCIA DE LUGO

A Comisión Provincial de Vivenda iniciou hoxe o procedemento para a adxudicación de vivendas en Lugo, Chantada, Lourenzá, Monforte de Lemos, Ribadeo, Viveiro, Becerreá, Meira, Mondoñedo, Muras e Taboada
Cincuenta e oito vivendas rehabilitadas en cascos históricos destinaranse a menores de 35 anos en réxime de alugueiro.

Lugo, 9 de maio de 2011.- A Comisión Provincial de Vivenda iniciou hoxe o procedemento para a adxudicación dun total de 101 vivendas de promoción pública construídas en once concellos da provincia de Lugo.

As vivendas adxudicaranse por sorteo entre todos os demandantes inscritos a día de hoxe no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda nos concellos e no réxime correspondente.

Cincuenta e oito das vivendas que se van adxudicar foron rehabilitadas nos barrios históricos de seis concellos e destinaranse a menores de trinta e cinco anos en réxime de alugueiro.

O investimento total realizado polo IGVS na rehabilitación e construción destas vivendas supera os doce millóns de euros

Ditas vivendas corresponde ás seguintes localidades:

Lugo. Trinta vivendas nas rúas Tinería, Recanto do Miño, Falcón e Travesía do Miño, todas elas no barrio da Tinería. O Instituto Galego da Vivenda e Solo investiu máis de seis millóns de euros na adquisición e rehabilitación destas vivendas.

Chantada. Seis vivendas na rúa Daniel Vázquez Boo 1 e dúas na Praza de España 17. O IGVS investiu preto de 1,4 millóns de euros na adquisición de ambos edificios e na súa rehabilitación.

Lourenzá. Catro vivendas nas rúas Rego Vilazo e Avelino Montero Villegas. A adquisición e rehabilitación dos inmobles supuxo un investimento de máis de 511.000 euros por parte do IGVS.

Monforte de Lemos. Oito vivendas na rúa Armando Cotarelo, no coñecido como Hotel Comercio. O IGVS investiu máis de 1,5 millóns de euros na adquisición e rehabilitación do edificio.

Ribadeo. Dúas vivendas na rúa Antonio Otero. O IGVS adquiriu e rehabilitou o edificio, cun investimento de máis de 200.000 euros.

Viveiro. Seis vivendas na rúa Melitón Cortiñas.

As corenta e tres vivendas restantes son vivendas de promoción pública de réxime xeral, polo que non existe ningún requisito de idade e serán adxudicadas en réxime de compra venda ou alugueiro en función dos ingresos familiares acreditados. A normativa vixente establece que se adxudicarán obrigatoriamente en réxime de alugueiro cando ditos ingresos non superen 1,5 veces o Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (Iprem).

Estas vivendas son as seguintes:

Becerreá. Trinta vivendas vacantes nun grupo de 45 construído cun investimento de máis de tres millóns de euros. As restantes vivendas xa están adxudicadas e entregadas as chaves.

Lugo. Catro vivendas no núcleo rural de Mazoi, no que o IGVS rehabilitou un total de sete vivendas, cun investimento que superou os 720.000 euros.

Meira. Tres vivendas vacantes dunha entrega anterior. En meira o IGVS construíu un total de 24 vivendas, das que 21 xa foron entregadas no pasado mes de decembro. O investimento total ascendeu a preto de 1,8 millóns de euros.

Tamén se entregaron vivendas vacantes nos concellos de Mondoñedo, Muras e Taboada (dúas en cada caso).

Exit mobile version