Site icon Crónica3.com A Mariña

Animación, cine, degustacións, concursos e máis actividades con motivo da cita Ribadeo de tapeo

Nota de prensa

SOBREMESAS DO TAPEO

ANIMACIÓN TABERNEIRA

A cargo do cuarteto tradicional “Illa Pancha”

Mércores 4 de maio, á tarde

CINE GASTRONÓMICO

“18 comidas” unha película de Jorge Coira, con Luis Tosar. Xoves 5 de maio ás 20:15h no Cine Teatro.

MONOLÓGO GASTRONÓMICO

Cándido Pazó: “Comer e contar todo é empezar”. Domingo 8 maio ás 20:30h no Cine Teatro.

CONCURSOS

1º concurso de microrrelatos gastrónomicos. Organizado polo establecemento El Tranvía. Bases no local ou no blog www.blogspot.eltranviaderibadeo.com. Celebrarase durante o Ribadeo de Tapeo.

2ndo concurso de fotografía gastronómica Organizado polo bar Kursal. Bases no local ou www.salakursal.com. Celebrárase no Ribadeo de Tapeo.

DEGUSTACIÓNS E OUTRAS CITAS ESPECIAIS

Cata de queixos. Sábado 7 ás 13:00 h, en El Tranvia.

Cea ás cegas. O establecemento El Tranvía ofrece unha proposta gastronómica que cun menú ideal para espertar todos os sentidos…. excepto a vista… + información e reservas en El Tranvía.

Mercadiño de vinilos e cd´s (con degustación de viño), os fins de semana ao mediodía, en El Tranvía.

Concerto a cargo do cantautor “Ricardo Parada”. Mércores 4, ás 22:00 h na Pizzbur.

Concerto de “La Ley de Hooke” o xoves 5 ás 21h ,e a continuación a actuación de “ Dous monologuistas indecentes”, na Pizzbur.

Degustación de churrasco e destape de botella de Rioja Envite. Venres 6 de maio a partir das 20:00h no mesón A Baixada.

Ciclo “O MUNDO DO LATTE ART

Demostracións de baristas a cargo da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo

Venres 6 de maio, ás 18:00 no restaurante O LAR DE MANOLO: Exhibición de latte art por xentileza da campioa de España 2010 de Cata de cafés e campioa galega de Baristas 2008, Sofía Prieto. 18:00h

Sábado 7 de maio ás 18:00, no restaurante LA BOTELLERÍA: Demostración de Coctelería con café e latte art da man do campión galego 2009 de Baristas, Víctor Couto, clasificado durante tres anos consecutivos entre os 10 mellores no Campionato de España de Baristas.

Exit mobile version