Site icon Crónica3.com A Mariña

As praias de Barreiros conseguiron sete bandeiras azuis e perderon unha

Nota de prensa

AS PRAIAS DE BARREIROS CONSEGUIRON SETE BANDEIRAS AZUIS. ALFONSO FUENTE CONSIDERA QUE AREALONGA NON RECIBE ESE RECOÑECEMENTO POLOS DANOS QUE ALÍ CAUSARON OS TEMPORAIS E PORQUE O AREAL TEN MOITA PEDRA.

Barreiros, 25 de maio de 2011. As praias de Barreiros conseguiron sete bandeiras azuis, unha menos que no 2010. Arealonga foi o areal que a perdeu. A xuizo do alcalde, Alfonso Fuente, podería ser polos danos causados polos temporais e tamén porque hai moita pedra nesa praia.

O rexedor relatou que “este ano son 7 as bandeiras azuis que reciben as praias de Barreiros, o areal de Arealonga non contará con ese galardón. Entendemos que poida ser debido aos danos producidos polo temporal de hai uns meses e tamén porque ten moitas pedras. Ademáis, das catro mostras de auga que se fan ao ano, todos sabemos que para conseguir a bandeira azul teñen que dar todas excelente e nunha delas déunos boa. Nós naquel momento dixémoslles a que podería terse debido esta calificación e Bandeiza Azul seguindo o seu criterio podemos entender que este foi o motivo polo que perdeu esa bandeira azul”.

Fuente Parga advirte que “eso non quere decir que esa praia non vaia estar en óptimas condicións para este verán, pero cando un está neste programa sabemos o que hai e ao que nos exponemos. Hai cousas nas que podemos actuar e outras nas que non. Os temporais son os temporais, temos que asumir a decisión e traballar para que o ano que ven se poida recuperar na praia de Arealonga a bandeira azul”.

Exit mobile version