Site icon Crónica3.com A Mariña

As ximnastas da escola Porta Norte acadaron importantes trunfos no 2º trofeo Concello de Burela

Nota de prensa:
AS XIMNASTAS DA ESCOLA PORTA NORTE ACADARON IMPORTANTES TRIUNFOS NO SEGUNDO TROFEO CONCELLO DE BURELA DE XIMNASIA RÍTMICA CELEBRADO ONTE.

Burela, 9 de maio de 2011. Éxito de participación e público no segundo torneo Concello de Burela de ximnasia rítmica na modalidade de conxuntos, que onte se celebrou no pavillón Vista Alegre.

A concelleira de Deportes, Neves Cando, subliñou que “as nosas ximnastas da escola Porta Norte de Burela e Ribadeo acadaron importantes triunfos na súa participación”.

En nivel escolar na categoría prebenxamín as primeiras e as segundas clasificadas foron as nenas de Porta Norte e as terceiras as do Casino Club Náutico de Viveiro. Na categoría benxamín o primeiro posto foi para o clube Xirandela, o segundo para Casino Club Náutico de Viveiro e o terceiro para o clube Quicela. Na categoría alevín as primeiras foron as ximnastas do clube Xirandela, as segundas as do Casino Club Náutico de Viveiro e as terceiras as da escola municipal de Fene. Na categoría infantil o primeiro posto foi para a escola Porta Norte de Burela e Ribadeo, o segundo para Quicela e o terceiro para Xirandela. Na categoría cadete as primeiras foron as nenas de Xirandela, as segundas as de Quicela e as terceiras as da escola municipal de Fene. E na categoría senior o primero posto foi para as rapazas de Porta Norte e o segundo para Xirandela.

A edil nacionalista engadiu que “polo que se refire á competición a nivel de promoción na categoría alevín as primeiras foron as ximnastas de Porta Norte, as segundas e terceiras as do clube Saraiba e na categoría senior de novo as primeiras foron as rapazas de Porta Norte e as segundas as de Saraiba”.

Exit mobile version