Nota de prensa
AS RELACIÓNS LABORAIS, NAS XORNADAS FORMATIVAS BURELA FS
O primeiro convenio colectivo do fútbol sala, de 2004, como regulador das normas polas que se rexen as condicións de traballo dos xogadores profesionais neste deporte, centrou a conferencia, ademais da aproximación ás novidades do segundo convenio, asinado o pasado 7 de maio. Así, os asistentes puideron achegarse ás formas e modalidades de contrato, dereitos dos traballadores, xornada laboral e aspectos relacionados coa igualdade entre mulleres e homes no deporte profesional. Como peche, os relatores tamén trasladaron as explicacións teóricas a casos reais de demandas xudiciais.
Ata comezos de xuño, a terceira edición do ciclo laranxa tamén tratará aspectos de fisioterapia, xestión deportiva e fútbol sala internacional. Tras un pequeno reaxuste do programa, o IES Monte Castelo acollerá o próximo relatorio o 26 de maio (17.30 horas), coa visita do ex–xerente do Azkar Lugo FS, Óscar Hermida.
Xoves 26 de maio
“Modelo e xestión dunha fundación deportiva e un club de alto rendemento”
Relator: Óscar Hermida, xerente do Azkar Lugo FS 05-11 e Fundación Azkar 07-11