Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o BNG de Burela que é un obxectivo prioritario dende o Concello a creación de emprego

Nota de prensa

A CREACIÓN DE EMPREGO É UNHA PRIORIDADE PARA O BNG NO GOBERNO LOCAL

Para o BNG é un obxectivo prioritario dende o Concello o desenvolvemento local para lograr a creación de emprego.
Para iso, poremos en marcha un plan estratéxico para incentivar o emprego no noso concello, potenciando o comercio local, impulsando medidas de apoio aos proxectos de autoemprego e incentivando a instalación de novas empresas.
Porque en Burela hai futuro para o emprego, dende o goberno municipal, impulsaremos as seguintes liñas básicas de actuación:

elaboración, a través da ADL, dun Plan Estratéxico de Desenvolvemento Local que analice a situación socioeconómica de Burela e as súas potencialidades de desenvolvemento e determine os sectores estratéxicos locais
potenciamento do comercio local e os proxectos empresariais de autoemprego e microempresas, con apoio técnico para a súa constitución e subvencións ao inicio da actividade
consolidación de Burela como Centro Comercial Aberto de referencia comarcal
aposta pola innovación e as novas tecnoloxías entre o tecido empresarial e comercial
fomento do asociacionismo comercial e empresarial e consolidación de medidas que posibiliten a instalación de novas empresas
investimento en formación: cursos de formación ocupacional, obradoiros de emprego para persoas paradas e formación empresarial.

Exit mobile version