Site icon Crónica3.com A Mariña

Atletas do C.D.Egovarros-Viveiro acadaron 5 medallas no Campionato Galego de Milla en Ruta

Nota de prensa

OS ATLETAS DO C.D.EGOVARROS-VIVEIRO ACADARON 5 MEDALLAS NO CAMPEONATO GALEGO DE MILLA EN RUTA

O pasado domingo celebrouse en Padrón (A Coruña) o Campeonato Galego de Milla en Ruta, onde os atletas do clube vivariense acadaron 5 metais, na categoría femenina Maria Uxía Álvarez, foi subcampiona galega na categoría señor, mentres a súa compañeira de clube Manuela Guisasola acadou a terceira plaza na categoría W-50. María Osorio, acadou a quinta posición na categoría senior.

No apartado masculino, Jose Angel López, acadou o subcampeonato galego de M-35, o seu compañeiro Jesús Bernal, foi ouro na categoría de M-60 e Emilio Toral foi bronce en M-55.

Os demáis atletas do clube tamén estiveron nas primeiras posicións da proba.

O próximo fin de semana os atletas do clube vivariense desprazaranse á Coruña, ó Campeonato Galego de Media Maratón, mentres o atleta Jose Angel López, competirá en Aranda de Duero no Campeonato de España de Milla en Ruta.

Exit mobile version