O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá o vindeiro sábado, 28 de maio, un obradoiro de orientación laboral dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos. Será impartido por José Manuel Vilaboi Lois, a partires das 11 da mañá. O prazo de inscrición, que se veu realizando na oficina xuvenil, remata hoxe ás 19:30 horas. Este obradoiro de orientación laboral está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta e pola Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros.