Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros celebrará o Día das Letras Galegas cunha exposición de pintura, poesía e música

Nota de prensa:
O CONCELLO CELEBRARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CUNHA EXPOSICIÓN DE PINTURA, CON POESÍA E CON MÚSICA.

Barreiros, 11 de maio de 2011. O Concello celebrará o día das Letras Galegas cunha exposición de pintura, con poesía e con música.

Do 17 de maio ao 6 de xuño de 10 a 14 horas de luns a venres poderáse ver no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro unha exposición de pintura naïf de Gabriela Fole. A mostra será inaugurada o vindeiro martes ás 18:30 horas.

Xa ás 19:30 terá lugar un recital de poesía para celebrar o día das Letras Galegas e despois actuarán o grupo Cánere Son e tamén a Coral Polifónica de Barreiros. Os actos están organizados polo Concello a través da Delegación Municipal de Cultura e Xuventude.

Exit mobile version