Site icon Crónica3.com A Mariña

Brihuega decide o rival de play off para os burelaos

Nota de prensa:
BRIHUEGA DECIDE O RIVAL DE PLAY OFF PARA OS BURELAOS

A última xornada da División Prata decidirá o rival dos burelaos para o play off, coa visita a Vista Alegre do Azulejos y Pavimentos Brihuega, un rival que quedou ás portas da fase, con 46 puntos e na duodécima praza. A bomboneira acollerá mañá a trixésimo oitava cita da categoría, ás 18.00 horas (horario unificado), como antesala da que será a sexta fase de ascenso para o cadro laranxa.

As quinielas están abertas. O Burela FS recibirá o Brihuega dende a sexta praza (57 puntos), concentrado en rematar a competición ligueira con vitoria e mirando para outros enfrontamentos que poden influír na súa clasificación final.

Fóra do OPDE Ribera Navarra, segundo (78), os candidatos ao ascenso non teñen a praza asegurada; está no punto de mira a ansiada vantaxe do factor cancha para os catro primeiros, á que aínda poden chegar os burelaos, pero dependendo dos rivais. A dous puntos dos de Suso Rey, o Gáldar defenderá a cuarta praza (59) na casa do descendido Albacete; na quinta praza, o BP Andorra (59) medirase ao sétimo, Arcebansa Zamora (57), que está empatado cos laranxas.

Co último billete de play off aínda en xogo, se se cumpre a información adiantada por Golsala.com, o privilexio será para o Lanzarote (49 puntos), con tres puntos seguros ante o Tobarra, que non se presentará para xogar a última xornada de Prata por problemas económicos. Cunha vitoria, os canarios adiantarán o UMA Antequera (50 puntos), que finaliza a liga con descanso, e accederán á fase.

Alumnado e profesorado da Escola Deportiva de Chantada presenciarán este partido como convidados da entidade laranxa.

Exit mobile version