Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acollerá o domingo a segunda edición do torneo Concello de Burela de ximnasia rítmica

Nota de prensa:
O PAVILLÓN VISTA ALEGRE ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO A PARTIRES DAS CINCO DA TARDE A SEGUNDA EDICIÓN DO TORNEO CONCELLO DE BURELA DE XIMNASIA RÍTMICA NA MODALIDADE DE CONXUNTOS. MÁIS DE 250 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NESTA CITA.

Burela, 5 de maio de 2011. O pavillón Vista Alegre acollerá o vindeiro domingo a partires das cinco da tarde a segunda edición do torneo Concello de Burela de ximnasia rítmica na modalidade de conxuntos, segundo daba a coñecer esta mañá a concelleira de Deportes.

Neves Cando contou que “máis de 250 nenas e rapaces de toda Galiza participarán nesta cita que contará cos seguintes clubes e escolas: Xirandela de Sarria, a escola municipal de Fene, Clube Ximnasia de Becerreá, Casino Clube Náutico de Viveiro, a asociación deportiva Aixa de Sarria, Saraiba de Poio, Quiceda de Monforte de Lemos, a escola de ximnasia Acordes da Coruña e a escola Porta Norte de Ribadeo e Burela”.

A edil nacionalista desexóulles sorte ás rapazas de Burela que participarán neste torneo “e que xa colleitaron éxitos nas competicións provinciais ás que acudiron nestas últimas datas e convidamos a todo mundo a que se achegue este domingo ao pavillón Vista Alegre a partires das cinco da tarde a disfrutar desta maravilla que é a ximnasia rítmica na súa modalidade de conxuntos”.

Exit mobile version