Site icon Crónica3.com A Mariña

Cambiar de amos non é ser libre

Si os nosos políticos fosen unha empresa privada acumularían miles de de denuncias dos seus clientes por continua violación de contrato, uso de información privilexiada, abusos, corrupción, extorsión e falta de transparencia. Con todo, a pesar das numerosas promesas incumpridas dos políticos lexislatura tras lexislatura, e crecente poder de esta xentiña contra a liberdade e propiedade privada e a máxima ineficiencia dos servizos públicos.

Este tipo de actuación explica moi ben o chamado voto útil, e é que realmente é moi difícil que o programa dun partido político se adapte ás necesidades reais do individuo. O problema do voto útil é que só perpetúa o mesmo modelo. Os programas dos partidos maioritarios son practicamente iguais, pode conseguir mobilizar a un gran número de indecisos ou desencantados. É máis fácil atacar ao corazón do votante que discutir os contidos do programa que algúns nin sequera teñen.

Talvez agora, as persoas estanse dando conta que dá igual que partido tome o poder porque todos teñen o mesmo modelo tiránico: usurpación masiva da liberdade individual. Como dixo o poeta cubano José Martí: “cambiar de amos non é ser libre”.

Aquel que cree na liberdade non pode apoiar unhas institucións que parecen odiar a iniciativa privada, a liberdade individual e a liberdade de elección. Os fins actuais de tales institucións son profundamente tiránicos e , favorecen ao político, ao funcionario e grupos de presión e, xa que logo seguimos vivindo nunha sociedade de oligarcas e privilexiados públicos (consumidor de impostos). Se no terreo particular alguén se mostra hostil á nosa iniciativa o primeiro paso evidente é prescindir del. Se actuamos así no persoal, por que o trato con os concellos ha de ser unha excepción? A liberdade non pode ser imposta por ningún político de medio pelo, senón que ha de ser aceptada por cada individuo.

Non hai ningún partido político que poida garantirnos a liberdade, ao tomar o poder veríanse obrigados a ceder ante os grupos de presión sociais, económicos e políticos. A compra de votos, os favores, o amiguismo e a corrupción forman unha dinámica intrínseca e inevitable dos medios políticos e gobernos.
Xa levan demasiado tempo dicíndonos o bos e humanitarios que son, que lles votemos, calemos, e deixémolos en paz durante catros anos, pero eles son incapaces de deixarnos en paz e en liberdade. As súas accións chocan frontalmente coas súas palabras, só nos queren para o seu benestar e para tomar a maquinaria da forza e o poder. Vai sendo hora que sexamos nós quen lles digamos a eses burócratas que quen se han de calar son eles, e que o mellor que poden facer empezar a traballar de verdade para a xente.

Otero Regal

Exit mobile version