Site icon Crónica3.com A Mariña

Destacada actuación do Club de Bolos Xove de cara ao campionato Galego de Nigrán


Nota de prensa

EXCELENTE ACTUACIÓN DO CLUB DE BOLOS XOVE CARA O CAMPIONATO GALEGO DE NIGRÁN

Hai uns dias reseñábamos a gran actuación do Club de Bolos Xove no Campionato Galego Intermodal celebrado os pasados dias 21 23 de abril en Pacios (Castro de Rei) e Pousada (A Pastoriza).

Nesta ocasión o Club de Bolos Xove, xunto con outros clubs da Provincia, disputou na Bolera do Centro Social de Sumoas, o pasado sábado 30 de abril e o domingo 1 de maio unha proba clasificatoria para o CAMPIONATO GALEGO, obtendo uns excelentes resultados, xa que o Club clasificou a 6 xogadores dun máximo de 8 para o campionato galego individual e 3 parellas dun máximo de 4 para o campionato galego por parellas. Esta tirada celebrada en Sumoas entra dentro da chamada Liga Zona Norte.

O CAMPIONATO GALEGO, ao cal van acudir 6 xogadores no apartado individual e 3 parellas no apartado de parellas, tal como dixemos antes, vaise celebrar nos campos de bolos de Camos, no Concello de Nigrán (Pontevedra) do 14 ao 17 de maio.

Na seguinte páxina, adxunto os clasificados da Liga Zona Norte para o Campioanto Galego de Bolos , tanto en individual como no apartado de parellas. Resaltar que sólo xogadores do Club Xove de Bolos e do Club Arcasco lograron clasificarse.

Exit mobile version