Site icon Crónica3.com A Mariña

Detidos o director e un subdirector do Instituto Galego de Promoción Económica

Nota de prensa

Comunicado da Consellería de Economía e Industria

Santiago, 24 de maio de 2011.- Segundo a información proporcionada desde o Instituto Galego de Promoción Económica, a Consellería de Economía e Industria confirma que esta mañá axentes da brigada de vixilancia aduaneira (Agencia Estatal Tributaria) acudiron ao IGAPE a solicitar información sobre unha vintena de empresas, das que soamente había expedientes de tres delas. Información que se lles proporcionou de inmediato.

A Xunta de Galicia colabora coa brigada de vixilancia aduaneira (Agencia Estatal Tributaria) para que se investigue sen límites e se poida clarexar ao máximo a súa investigación.

A Consellería de Economía e Industria defende a presunción de inocencia do director e un subdirector (de información) que se manteñen a disposición xudicial no marco desta investigación, que leva a cabo o Xulgado de Instrucción número 3 de Lugo.

Exit mobile version